Outra tanda de Documentais

Aquí vos vai outras entregas dos nosos "Documentais da Aula i9". Como son varias as especies das que hai que falar, iremos misturando as reportaxes de forma que en todos os vídeos aparezan, polo menos, un documental de invertebrados e outro de vertebrados; agás os artrópodos e mamíferos  que irán no seguinte post, xunto ao "Making of..."


Debemos resaltar que este proxecto é moi completo e complexo, pois incluíu o desenvolvemento e reforzo de moitas habilidades e destrezas que os nosos nenos e nenas deben traballar a diario (aínda que así é máis divertido); como a lectura, a memorización ou a redacción (dos guións, claro). Ademáis permitiulles acceder a unha serie de coñecementos sobre imaxe e son; fotografía; etc; que normalmente está fora do alcance destas idades. Nestes documentais, os alumnos e alumnas de 5º de Primaria no só recolleron a información; senon que aprenderon a estructurala e convertila en guións; grabaron ditos guións, tanto como "dobladores"; como técnicos de son; prepararon os decorados; e grabaron as imaxes e presentacións que acompañan aos vídeos. De feito, algúns xa se atreveron a editar as imaxes e realizar os vídeos, por sí mesmos.


O resultado, en parte o podedes ver hoxe. E digo en parte porque todo este contido e moito máis pasará a formar parte do noso propio centro de recursos, en formato dvd, con sus menús, capítulos e extras; ao profesional. Esperemos que non sexa o derradeiro.


E nada máis. Disfrutade cos vídeos de hoxe; e vémonos na seguinte entrega dos "Documentais da Aula i9"



 



No hay comentarios:

Publicar un comentario