O Entroido 2012

Xa está aquí unha das reportaxes máis esperadas do ano; unha das mellores festas da nosa cultura, na que divertirse, máis que un pracer, convírtese nunha obriga. Por suposto, estamos falando do Entroido.
Este ano, no Ceip Manuel Sieiro retornamos á versión máis tradicional desta festa; e recuperamos o meco, que durante toda a semana foi indicándonos que parte do disfrace tiñamos que levar cada día (o luns un sombreiro de palla; o martes unhas lentes oscuras; ...) Ademáis das partes do meco, ao longo da semana tamén tivemos a ocasión de probar as "Sobremesas do Entroido", unha saborosa exposición de postres típicos destas datas, que xa é toda unha tradición no noso centro. Este ano, ademáis tentamos recopilar o maior número de receitas, que amablemente nos achegaron as familias, parte fundamental deste tipo de celebracións. O resultado foi a elaboración dun libro recopilatorio de todos eses postres e que, por suposto, está a disposición de todo aquel que o desexe consultar na nosa biblioteca e no noso blog asociado "Os ollos do Minho Dinamizacións".


Pero, sen dúbida, o mellor  estaba aínda por chegar.


Comezamos o venres no recreo coa "1ª Exhibición de Buxaina" a cargo duns verdadeiros campións deste xogo tradicional, que cada vez gaña máis fans no noso centro.
A continuación chegou o momento de disfrazarse e ultimar os preparativos para comezar o "Gran Desfile de Entroido" que contou cun público de excepción, as nosas familias e amig@s; e que rematou cuha pequena actuación dos grupos da Aula i9,  que interpretaron, ademáis do himno deste ano "Os Espantallos, leré"; un poupurrí de temas propios do entroido como "La vida es Carnaval" de Celia Cruz; ou "Carnaval, Carnaval" de Georgie Dann.
Xa pola tarde tivemos a oportunidade de asistir a un "Obradoiro de Maquillaxe e Caracterización", organizado pola ANPA do centro. Desta forma todos aqueles que o desexaron, puideron lucir unha preciosa mascara de maquillaxe, ao máis puro estilo Hollywood. Outra vez máis (como xa pasara no Samaín); temos que agradecer á coordinadora deste tipo de obradoiros, Patricia Claro, a súa colaboración, que sempre é ben recibida; e a súa infinita paciencia, xa que este tipo de actividades levan moito traballo e tempo, para poder conseguir así os resultados que poderedes ver no vídeo que, lóxicamente, adicamoslle.



   A continuación poderedes disfrutar dunha escolma das opinións dos nos@s xornalistas da Aula i9. Nesta ocasión o interese foi tan grande que contamos con varias reportaxes sobre esta festa; polo que, lonxe de elexir entre unha ou outra, preferimos un pouco de todas:



Xa chegou a festa, das festas; chea de música, disfraces e moi bo humor. Por suposto, falamos do Entroido. O noso  mestre  pediunos  axuda  para preparar  as cousas  para o desfile  e nós, por suposto, o  dimos todo. Os de 5º e 6º  axudamos a montar o equipo de musica e a preparalo todo. Foi un traballo duro pero valeu a pena. Saimos todos  disfrazados de  espatallos moi diversos  uns con sombreiro   mexicano; con sombreiros  de  vaqueiros ; e otros tiñamos parecidos a os  dos  buscadores  de oro,…. Dimos unha  volta  ao redor do colexio e  logo entramos na pista de fútbol onde estaba todo preparado para as actuacións e o baile. 
Despois de comer degustamos as "Sobremesas do Entroido". Filloas, biscoitos, orellas; ummmm!!! Menudo festín!!!!  Xa pola tarde a nosa querida  profe de Teatro, Patricia Claro, amosou unha gran paciencia á hora de maquillar a todos os que éramos. De ahí sairon animais, monstruos e ata algún vampiro que outro. Realmente foi un día fantástico no colé, cheo de actividades e xogos, postres e mascaras; non o pasábamos tan ben desde facía tempo.


Escrito por Cristian Gesteira, Pablo Pereira, David Barroso, Suso Ferreira, Gonzalo Gil, Alex Álvarez, Sofía Failde e Elizabeth Fontán.





Ademáis, presentamos un tipo de vídeos diferentes. Trátase de dous pases de diapositivas, un tanto especiais, coas mellores fotos das sobremesas e do entroido en xeral. Estas fotos están á vosa disposición na nosa galería de Flickr, á que poderedes acceder dende os enlaces que vos deixamos a continuación. De todas formas sempre podedes achegaros ao Ceip Manuel Sieiro e pedirllas ao profe de Música, Carlos.







-Fotos Entroido:
http://www.flickr.com/photos/ollosdominho/sets/72157629577744031/
-Fotos Sobremesas:
http://www.flickr.com/photos/ollosdominho/sets/72157629212419652/

Disfrutade cos vídeos e fotos e que viva o Entroido !!!

























PEQUENO AVANCE DO ENTROIDO 2012


Como tódolos anos xa chega febreiro, un mes frío, curto e cunha das  festas populares máis famosas e divertidas. Como non, estamos a falar do noso querido entroido.


Nesta edición, no Ceip Manuel Sieiro decidimos seguir a súa versión máis tradicional e recuperar o meco como consigna para que tódolos nenos e nenas do cole se disfrazaran. Así o primeiro día o meco mandou que todos trouxéramos  sombreiro de palla; o segundo unhas lentes escuras, etc; así ata que o disfrace estaba totalmente finalizado o día da festa.

Pero é que ademáis tivemos as nosas famosas "Sobremesas do Entroido", unha exhibición de trompos, un desfile e baile; e ata un obradoiro de maquillaxe e caracterización a cargo da nosa querida colaboradora Patricia. 
Demasiadas cousas para unha soa reportaxe. Por iso, ahí vos vai un pequeno adianto, en forma de trailer, do que vos espera no post "Entroido 2012", que publicaremos nos próximos días. 





Disfrutade co vídeo e que VIVA O ENTROIDO!!!


OS DOCUMENTAIS DA AULA i9

 Este ano estamos traballando moi en serio coas TIC´s ou novas tecnoloxías, como podedes ver nas distintas seccións e entradas do noso blogue. 
Pero todavía queremos ir máis aló!!!
Así, aproveitando a curiosidade científica que se respira no aula de 5º de Primaria, iniciamos este proxecto de investigación e experimentación coas novas tecnoloxías, ao que chamamos "Os Documentais da Aula i9". E é que precisamente trátase diso, de facer documentais e vídeos didácticos sobre diversos ámbitos científicos e culturais que traballamos no Ceip Manuel Sieiro.
 Este tipo de  actividades, ademáis de reforzar e ampliar os coñecementos que traballamos nas clases, pretende achegar aos nosos rapaces e rapazas ferramentas e procedementos sinxelos para a elaboración do seu propio material didáctico; así como despertar neles a curiosidade científica, orientando sobre os procedementos, medios e recursos necesarios para realizar e difundir unha investigación: consulta de fontes de datos como enciclopedias, libros temáticos, internet,...; análise, selección e estructuración da información; presentación e ilustración desa información; etc.

Como vedes, as aplicacións didácticas deste tipo de iniciativas son moitas e moi variadas.



Nós comezaremos pola elaboración de videos didácticos sobre o reino animal; centrándonos nas diferentes clases de vertebrados e invertebrados. Para elo pasaremos por tres fases:
1ª fase: recollida de información e de imaxes
2ª fase: estructuración da información e elaboración de guións.
3ª fase: grabación dos guións e edición dos vídeos

Se todo sae ben, ao final poderedes disfrutar de estupendos vídeos sobre as diferentes clases de vertebrados e invertebrados, con voz dos nosos nenos e nenas e coas imaxes que conseguimos previamente. Estes vídeos ao igual que este e outros reportaxes adicados á ciencia e o medio, quedarán á vosa disposición na sección "Un chisco de ciencia" que podedes atopar entre as nosas etiquetas.



Nesta ocasión, comezamos coa 1ª fase, de busqueda e recollida de información. E para elo, o mellor lugar do cole e a nosa biblioteca escolar, que ademáis de estar dotada dos máis variados exemplares sobre animais, dispón de conexión a internet, o que nos permitiu conseguir esas imaxes que andabamos a buscar.  Ademáis a música que acompaña ao vídeo tamén foi elaborada pola Aula i9, empregando os, xa coñecidos por todos, "loops" do Garage Band (lembras a entrada "Loopeando" co Garage Band? Pois estos son parte dos froitos daquela experiencia) 


Disfrutade con este vídeo onde explicamos de que vai o proxecto e poñemos a andar "Os Documentais da Aula i9"