Nesta edición, no Ceip Manuel Sieiro decidimos seguir a súa versión máis tradicional e recuperar o meco como consigna para que tódolos nenos e nenas do cole se disfrazaran. Así o primeiro día o meco mandou que todos trouxéramos sombreiro de palla; o segundo unhas lentes escuras, etc; así ata que o disfrace estaba totalmente finalizado o día da festa.
Pero é que ademáis tivemos as nosas famosas "Sobremesas do Entroido", unha exhibición de trompos, un desfile e baile; e ata un obradoiro de maquillaxe e caracterización a cargo da nosa querida colaboradora Patricia.
Disfrutade co vídeo e que VIVA O ENTROIDO!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario