Pero todavía queremos ir máis aló!!!
Así, aproveitando a curiosidade científica que se respira no aula de 5º de Primaria, iniciamos este proxecto de investigación e experimentación coas novas tecnoloxías, ao que chamamos "Os Documentais da Aula i9". E é que precisamente trátase diso, de facer documentais e vídeos didácticos sobre diversos ámbitos científicos e culturais que traballamos no Ceip Manuel Sieiro.
Como vedes, as aplicacións didácticas deste tipo de iniciativas son moitas e moi variadas.
Nós comezaremos pola elaboración de videos didácticos sobre o reino animal; centrándonos nas diferentes clases de vertebrados e invertebrados. Para elo pasaremos por tres fases:
1ª fase: recollida de información e de imaxes
2ª fase: estructuración da información e elaboración de guións.
3ª fase: grabación dos guións e edición dos vídeos
Se todo sae ben, ao final poderedes disfrutar de estupendos vídeos sobre as diferentes clases de vertebrados e invertebrados, con voz dos nosos nenos e nenas e coas imaxes que conseguimos previamente. Estes vídeos ao igual que este e outros reportaxes adicados á ciencia e o medio, quedarán á vosa disposición na sección "Un chisco de ciencia" que podedes atopar entre as nosas etiquetas.
Nesta ocasión, comezamos coa 1ª fase, de busqueda e recollida de información. E para elo, o mellor lugar do cole e a nosa biblioteca escolar, que ademáis de estar dotada dos máis variados exemplares sobre animais, dispón de conexión a internet, o que nos permitiu conseguir esas imaxes que andabamos a buscar. Ademáis a música que acompaña ao vídeo tamén foi elaborada pola Aula i9, empregando os, xa coñecidos por todos, "loops" do Garage Band (lembras a entrada "Loopeando" co Garage Band? Pois estos son parte dos froitos daquela experiencia)
Disfrutade con este vídeo onde explicamos de que vai o proxecto e poñemos a andar "Os Documentais da Aula i9"
No hay comentarios:
Publicar un comentario