PREPARAMOS O ENTROIDO 2013


Ola a todos e a todas.

Hoxe queriamos informarvos de que a vindeira semana (dende o luns 4 ata o venres 8) festexaremos no CEIP Manuel Sieiro a festa popular do Entroido, unha das preferidas da nosa terra.

Este ano continuamos coa tradición do meco, aínda que nesta ocasión,aproveitaremos para convertermos en temibles piratas.

As ordes do meco para esta edición son as seguintes:

-Se o luns, un bo pirata queres ser,unha pañoleta con caveira na cabeza has de ter.

-Para ter cara de piratas cando chegue o martes, non esquezades levar uns parches.

-O mércores,o capitán un tesouro atopou, e un aro na orella colgou

-Roupas has de buscar; camisa e chaleque para o xoves tes que apañar.

-Chega o venres, piratas ao abordaxe!!! É o día de bailar; uns pantalóns roídos has de levar.


Cada día, no comedor, os rapaces e rapazas dos diferentes ciclos irán anunciando as ordes correspondentes para o día seguinte. Comezamos este venres, no que os nenos e nenas de infantil, lembraránnos que parte do disfrace teremos que traer o luns.

Así ata chegar ao gran día, o venres 8 de febreiro; no que realizaremos, a partires das 14:20, un pequeno desfile de comparsas no que cada clase mostrará "os seus modelos". Remataremos a xornada cun baile de disfraces co que despediremos ó Entroido ata o ano que ven.


Ademáis,e como xa é tradición no noso cole, faremos unha exposición de "Sobremesas do Entroido"; que dará paso á parte máis doce destas festas. A degustación dos postres.
Lembrade que a recollida das sobremesas a faremos o mércores 6 de febreiro, no salón de actos. É convinte que os recipientes leven o nome e o curso do seu dono ou dona, para facilitar a devolución dos memos. Se vos animades, podedes traer a receita pòr escrito, co modelo que levaron os nenos e nenas do colexio, e que servirá para a elaboración doutro tomo do noso libro de receitas.


Xa vedes que nos agarda unha semaniña moi movida. Así que xa sabedes, preparade ben o voso disfrace e... Ao abordaxe!!!!



Os Ollos do Minho Producións
        (EACE e EDLG)