Comezamos as grabacións do noso segundo disco


 Esta semana os rapaces e rapazas do 3º Ciclo de Primaria do Ceip Manuel Sieiro comezaron coas grabacións do que será o segundo disco da Aula i9.



   Sí, o segundo, pois o curso pasado xa levaramos a cabo esta actividade, aínda que con menos material. O resultado foi un cd de catro temas, ao que chamamos "Botalle unha ollada", que permitiu ós nosos nenos e nenas vivir a experiencia real do que supón grabar un disco: estudiar os temas, aprender a tocar e cantar con claqueta, coñecer nocións básicas de acústica, así como os elementos e programas que se empregan nun estudio; etc. Nesa ocasión os nosos recursos eran un pouco limitados xa que o micro polo que recollimos o son era un Shure sm 58, que é un micro para cantar, non para grabar; e o secuenciador que empregamos e que os rapaces e rapazas aprenderon a usar foi o Garage Band, programa que, a pesar da súa calidade,comparable á do "Reason" ou á do "Nuendo", non deixa de ser bastante "amateur". Por suposto o disco tivo unha moi boa acollida na comunidade escolar (pais, nais e demáis familiares). Ademáis nesa ocasión contamos coa colaboración dunha artista recoñecida como é Eva Carreras, concursante de OT3 e actual cantante do grupo folk Mel de Meiga. Todo un luxo!!



Este ano modernizámonos e sustituímos o Shure por un SE Electronics, micro omnidireccional propio de estudio, que nos permitirá grabar cunha maior calidade.
Ademáis estamos traballando cun dos programas máis empregados no mundo das grabacións profesionais, o mundialmente coñecido PROTOOLS; así como unha tarxeta de son, a MBox 2 mini, que permite unha conversión do son analóxico a dixital (de ondas sonoras a datos informáticos) moi aceptable.

Por suposto, esto non sería tan sinxelo sen a tecnoloxía de Apple; xa que para estos traballos de audio e video (os que acompañan as reportaxes) empregamos un MacBook Pro. Ahí está realmente o truco. Sentimos se este comentario ofende a alguén. Non queremos facer publicidade, nin somos fanáticos seguidores de Steve Jobs;  apoiamos o uso do software ceibe;..., pero esta é a nosa conclusión basada en experiencias con diversos sistemas operativos (Windows, Linnux). Onde estea o Snow Leopard de Apple....

Ademáis e como podedes comprobar nas guías de Whatever, que foron grabadas pola Aula i9, comezamos tamén a dominar o uso do MIDI e de Samples o que nos permite poder imitar e meter instrumentos moi diversos nas nosas grabacións (baterías, cordas, ventos,...), gracias a un controlador con forma de teclado e a unha serie de librerías de samples e loops. Parece última tecnoloxía, pero en realidade é un sistema que xa se leva empregando dende os 80.

Como vedes, este ano contamos cos recursos para que este segundo disco sexa, polo menos, tan bo como o primeiro. A nosa intención é grabar algún tema máis que os catro do primeiro cd. Haber que pasa!!!
Por suposto, o máis importante é a experiencia e formación que reciben os nosos alumnos e alumnas, os cales teñen a oportunidade de aprender uns coñecementos sobre técnica do son e informática musical que non teñen prezo. Quizáis, nun futuro teñamos algún ou algunha enxeñeiro/a acústico ou técnico/a de son.
A nivel didáctico-musical, este tipo de iniciativas son altamente motivantes e permiten aos rapaces e rapazas afianzar o sentido rítmico-melódico, adquirir coñecementos de armonía, forma e estructura musical, etc; e por enriba de todo, sentirse parte dun grupo no que cada membro ten a responsabilidade de facer o seu papel o mellor posible.





Deixámosvos os enlaces ao noso Dropbox de todos os temas que levamos grabados, tanto os que forman "Botalle unha ollada"; como as guías de este ano, para que poidades repasar. Estas pistas e links quedan á vosa disposición ademáis, na nosa nova páxina "As nosas cancións", que atoparedes na columna da esquerda, arriba de todo.















"Botalle unha ollada"







"Guías de grabación deste ano"



3.- Whatever (con flautas e melodías de voz)

4.- Whatever (sen flautas nin melodía de voz)



Ademáis, ahí vos queda este video con algúns dos mellores momentos da primeira sesión de grabación, con explicación incluída!!!

A disfrutar!!!!

2 comentarios:

  1. Vaia nivel que tendes este ano. As melloras técnicas seguro que vos permiten facer un disco cunha calidade mellor, polo que hai que dar as grazas ó profe, que é o que se esforza por poñer os medios para que os nenos teñan as mellores ferramentas de traballo. Agora só falta que eles poñan as ganas e o esforzo, cousa que ninguén dubida. ¿Quen sabe, Carlos? Igual lle estás dando clases a unha futura estrela do panorama musical.

    ResponderEliminar
  2. Eso sería un dos mellores premios que me poderían dar. Despois tería que pedirlles traballo como músico acompañante, jeje. Grazas, Patri, polos teus animos. O que facemos este ano leva moito traballo por parte de todos (profes e nen@s), pero non o cambio por nada no mundo. Se todo sae ben, estes nenos xa terán máis discos grabados que moitos dos que estiveron en Operación Triunfo (e cunha calidade similar). A diferencia e que a nós, sáenos gratis, e podemos confundirnos grabando todo o que queiramos, que non hai que meter moeda, :)

    ResponderEliminar