MIRÁNDO AO CEO - CAP V

Outra entrega dos nosos documentais "Mirando ao Ceo".

Neste caso Suso Ferreira e Eli Fontán fálannos de dous dos planetas máis famosos do Sistema Solar: os
xigantes gaseosos Xúpiter e Saturno.


DE ZAMBIA A CRECENTE

Este ano o departamento de Relixión está especialmente activo. Fai uns días cantabamos e bailabamos con Toño Casado; pero hoxe ocupámonos dun asunto moito máis serio

E é que recibimos a visita dun "misioneiro"; unha persoa que deixou todo o que tiña para viaxar a Africa e axudar aos máis necesitados.

E nunha das súas visitas á nosa terra fixo unha paradiña no Ceip Manuel Sieiro para contarnos como é a súa vida en Zambia; cales son os problemas aos que se enfrontan os habitantes da maioría dos paises de Africa, inxustas víctimas do noso sistema económico actual.

Non nos enganemos, nin miremos cara outro lado; todos en maior ou menor medida somos responsables da situación desta xente, que o único que fixo foi nacer uns miles de km máis ao sur que nós.


UN CONTO CON ANXO MOURE

No Ceip Manuel Sieiro disfrutamos moito cos contos, iso é ben sabido.

Pero se o que nos conta o conto non é unha persoa, senon unha árbore, a diversión está garantida.

Non vos perdades as mellores fotos deste acto no que, o gran Anxo Moure, ensinounos o importante
que son as árbores e o seu coidado no mundo actual.



Cantando con Toño Casado

Toño Casado é un profe de relixión moi especial, xa que, emprega a música o baile e o espectáculo para deixarse escoitar entre a xuventude do noso tempo; e transmitir a súa mensaxe.

É un gran artísta, con cinco discos nas súas costas e unha merecida fama tanto en España como en Argentina.

E por medio do noso profe de relixión, tivemos a sorte de escoitalo e pasar un bo rato na súa compaña.

Se queredes saber máis, podedes visitar a súa web: http://www.toniocasado.com/

Aquí vos deixamos unha pequena mostra do espectáculo que nos ofreceu.

Que o disfrutedes!!!!


Mirando ao ceo - Cap. IV:A Terra e Marte


Aqui vos deixamos a seguinte entrega dos documentais da Aula i9, "Mirando ao ceo".

Nesta ocasion escoitaremos a David B. Sarabia e a Álex A. Cortés que nos falaran do noso planeta, a Terra; e do planeta vermello, Marte.



BIBLIOFESTA 2013 - "FAMILIA, LE CON NÓS"

O pasado mes de marzo, celebramos, como todos os anos, a nosa tradicional Bibliofesta;  a mellor ocasion paran conocer un dos espazos máis importantes do noso centro: a Biblioteca Escolar do C.E.I.P Manuel Sieiro





Nesta edicion iniciamos un proxecto chamado "Ler en Familia", que ten como obxectivo potenciar o hábito da lectura na casa.




Ademáis seguimos traballando para poder ofrecer ás familias dos nosos nenos e nenas unha biblioteca de calidade, na que poidan participar como parte da comunidade escolar; e da que todos nos poidamos sentir orgullosos.

Disfrutade cos vídeos!!!