Este ano o departamento de Relixión está especialmente activo. Fai uns días cantabamos e bailabamos con Toño Casado; pero hoxe ocupámonos dun asunto moito máis serio
E é que recibimos a visita dun "misioneiro"; unha persoa que deixou todo o que tiña para viaxar a Africa e axudar aos máis necesitados.
E nunha das súas visitas á nosa terra fixo unha paradiña no Ceip Manuel Sieiro para contarnos como é a súa vida en Zambia; cales son os problemas aos que se enfrontan os habitantes da maioría dos paises de Africa, inxustas víctimas do noso sistema económico actual.
Non nos enganemos, nin miremos cara outro lado; todos en maior ou menor medida somos responsables da situación desta xente, que o único que fixo foi nacer uns miles de km máis ao sur que nós.
No hay comentarios:
Publicar un comentario