Mostrando entradas con la etiqueta relixión. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta relixión. Mostrar todas las entradas

DE ZAMBIA A CRECENTE

Este ano o departamento de Relixión está especialmente activo. Fai uns días cantabamos e bailabamos con Toño Casado; pero hoxe ocupámonos dun asunto moito máis serio

E é que recibimos a visita dun "misioneiro"; unha persoa que deixou todo o que tiña para viaxar a Africa e axudar aos máis necesitados.

E nunha das súas visitas á nosa terra fixo unha paradiña no Ceip Manuel Sieiro para contarnos como é a súa vida en Zambia; cales son os problemas aos que se enfrontan os habitantes da maioría dos paises de Africa, inxustas víctimas do noso sistema económico actual.

Non nos enganemos, nin miremos cara outro lado; todos en maior ou menor medida somos responsables da situación desta xente, que o único que fixo foi nacer uns miles de km máis ao sur que nós.


Cantando con Toño Casado

Toño Casado é un profe de relixión moi especial, xa que, emprega a música o baile e o espectáculo para deixarse escoitar entre a xuventude do noso tempo; e transmitir a súa mensaxe.

É un gran artísta, con cinco discos nas súas costas e unha merecida fama tanto en España como en Argentina.

E por medio do noso profe de relixión, tivemos a sorte de escoitalo e pasar un bo rato na súa compaña.

Se queredes saber máis, podedes visitar a súa web: http://www.toniocasado.com/

Aquí vos deixamos unha pequena mostra do espectáculo que nos ofreceu.

Que o disfrutedes!!!!