Mostrando entradas con la etiqueta curso 2014-2015. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta curso 2014-2015. Mostrar todas las entradas

O Rebusco 2015


A final de curso, é  tradición no centro publicar unha Revista Escolar conxunta, realizada por todos os alumnos e alumnas do centro; e coordinada polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega. Chamámoslle O Rebusco; aínda que tamén correspondería o nº3 do noso xornal, Crecente en Letra.
Este ano quixemos subirnos ao "carro" das novas tecnoloxías e da "nube"; e, ademáis dos correspondentes exemplares impresos, publicámola a través de Internet


Festival pola Gorra - Aula i9 Band

Aquí vos deixamos máis vídeos do I Festival pola Gorra do cole de Crecente, celebrado o 9 de maio de 2015.

Nesta ocasión, disfrutade cos nenos e nenas da Aula i9 Band.








Festival Pola Gorra - Menage a Trois & Aula i9

Xa están aquí os vídeos da actuación dos nosos rapaces e rapazas da Aula i9 Band co grupo Menage a Trois.
Dous temas, "Adios" e "Bei Mir Swing" cargados de enerxía que amoscan a arte que se respira no noso cole.

Disfrutade e non deixedes de seguir a esta gran banda, Menage a Trois!!!!





I FESTIVAL "POLA GORRA"

O próximo 9 de maio estades invitados todos e todas ao I Festival "Pola Gorra"; unha iniciativa do EDLG; destinada,  neste caso, a recaudar fondos para a excursión que os nosos nenos e nenas de 6º de Primaria realizarán a Madrid a final de curso.




As Ondas do Miño 8 - Mestra de Mestras

Xa tedes dispoñible o novo programa de As Ondas do Miño, adicado ao Día Internacional da Muller.
Un traballo realizado polos alumnos e alumnas de 6º de Primaria baixo a coordinación do Equipo de Dinamización da Lingua Galega.

Podedes acceder a través da "pestana" de As Ondas do Miño ou a través do seguinte enlace:

http://ondasdominho.blogspot.com.es/2015/04/ondas-do-mino-8-especial-dia.html 

INAUGURACIÓN SALÓN DE ACTOS

O pasado 18 de marzo de 2015 quedou oficialmente inaugurado o noso novo escenario, un proxecto  que levábamos moito tempo perseguindo e que hoxe é unha realidade gracias ao excelente traballo de toda a comunidade escolar, e sobretodo da ANPA, que adicou moitas horas e esforzo para que os nosos nenos e nenas disfruten dun salón de actos que realmente merecen.

Disfrutade cos vídeos do acto de inauguración, ao que asistiron, entre outros, o Excelentísimo Director Xeral de Centros, D. Jose Manuel Pinal, ao que agradecemos toda a axuda prestada así como a súa presencia nese día tan especial para o cole de Crecente.

















Ondas do Miño cap. 7 (2014-2015)

Aquí vos deixamos o último capítulo do noso proxecto de innovación educativa e galego , As Ondas do Miño, un programa audiovisual, en formato televisivo, presentado e realizado polos nenos e nenas do CEIP Plurilingüe Manuel Sieiro de Crecente (Pontevedra)

Disfrutade coas novas, reportaxes e demás seccións que enchen as catro partes en que tivemos que dividir o capítulo, debido á súa gran duración, pois son máis de 20 mínutos de programa.

Se queredes saber máis deste proxecto, podedes acceder ao blogue de As Ondas do Miño, a través da pestana correspondente.

Un saúdo e a pasalo ben!!!











Crecente en Letra - nº2

Xa está aquí o segundo número da nosa revista escolar, "Crecente en Letra".

Non vos perdades as reportaxes, artigos, ..., e moitos máis contidos, elaborados polos nenos e nenas do cole de Crecente.

Este número, ademais, será distribuído por diversas institucións da vila, como a Residencia da 3ªIdade, a Biblioteca escolar ou o Concello; para que poida chegar o maior número de veciños posibles.

Disfrutade da lectura!!!






Papá Noel no cole de Crecente

Ahí vos quedan as fotos da visita que nos fixo Papá Noel no festival de Nadal.

Menuda sorpresa!!!


          

Festival de Nadal 2014

Aquí vos queda un resumo do Festival de Nadal.

En canto nos sexa posible, subiremos o vídeo da obra de teatro do Nadal.

Que o disfrutedes!!!


CRECENTE EN LETRA 1

Xa está aquí a última creación do Equipo de Dinamización da Lingua Galega: un xornal escolar no que vos iremos contando as novidades e acontecementos do cole.
O ano pasado xa experimentamos con formatos audiovisuais; e este curso tentaremos facer o mesmo, pero empregando outro dos medios de comunicación de masas máis consumidos nos últimos séculos, o xornal.

Mes a mes, se é posible, achegarémosvos un novo número de Crecente en Letra, ao que poderedes acceder e descargar facendo click no enlace. Ademais, imprimiremos unha serie de exemplares que quedarán no cole (Biblioteca, "Recuncho de Saltón", sala de mestres...) á disposición de toda a comunidade escolar

Agardamos que vos guste esta iniciativa, e esperamos poder contar con máis voluntarios; e poder ofrecer, así, máis contidos no próximo número.