Mostrando entradas con la etiqueta Entroido. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Entroido. Mostrar todas las entradas

OBRADOIROS DE DISFRACES 2020

Os obradoiros de elaboración de disfraces voltaron, un ano máis, a ser un éxito. Moitas nais e pais acudiron ao centro para botar unha man coa fabricación dos disfraces de nenas, nenos, mestras mestres, nais e pais. 
Por eso queremos agradecer a todas e todos os voluntarios que fan que nos sintamos orgullosos da nosa comunidade educativa.



OBRADOIRO DE DISFRACES

Estimadas familias.
Lembrade que o xoves 18 de xaneiro comezan os obradoiros de creación de disfraces para o Entroido, dirixidos a pais, nais e familiares.

O horario será de 16h a 17h


Entroido 2016

Ahí vos deixamos algúns dos mellores momentos que vivimos no Entroido 2016 no
 Ceip Plurilingüe Manuel Sieiro.
 A medida que vaiamos obtendo máis fotos, irémolas subindo.


Entroido 2014

Ahí vos quedan os vídeos-reportaxes sobre un dos mellores entroidos que celebramos no cole de Crecente.

Música, xogos, mascaras, moitos disfraces e un gran desfile para rematar a xornada.

E é que este ano todos (nais, pais, mestres, etc) traballamos moito para que esta festa fora inesquecible.

E abofé que así foi.

Moitas grazas a todas as familias que nos apoiades e axudades, proxecto tras proxecto. Sen a vosa colaboración, nada desto sería posible.




Entroido 2013


Hai un par de semanas celebramos o Entroido no Ceip Manuel Sieiro; seguindo a tradicion do meco, que, consiste en levar cada día unha parte mais do desfraze ata levar   o conxunto  enteiro. Neste caso de piratas. 






O  venres, despois de xantar, reunímonos todas as clases no patio traseiro do centro e.... bailamos o limbo, fixemos unha conga, sacámonos fotos por grupos etc. Os pais e nais tamén estaban invitados. 




Por suposto non puideron faltar as típicas "Sobremesas do Entroido", para dar o toque doce a unha festa que xa é toda unha tradición.

Suso Ferreira (Aula i9)

















































PREPARAMOS O ENTROIDO 2013


Ola a todos e a todas.

Hoxe queriamos informarvos de que a vindeira semana (dende o luns 4 ata o venres 8) festexaremos no CEIP Manuel Sieiro a festa popular do Entroido, unha das preferidas da nosa terra.

Este ano continuamos coa tradición do meco, aínda que nesta ocasión,aproveitaremos para convertermos en temibles piratas.

As ordes do meco para esta edición son as seguintes:

-Se o luns, un bo pirata queres ser,unha pañoleta con caveira na cabeza has de ter.

-Para ter cara de piratas cando chegue o martes, non esquezades levar uns parches.

-O mércores,o capitán un tesouro atopou, e un aro na orella colgou

-Roupas has de buscar; camisa e chaleque para o xoves tes que apañar.

-Chega o venres, piratas ao abordaxe!!! É o día de bailar; uns pantalóns roídos has de levar.


Cada día, no comedor, os rapaces e rapazas dos diferentes ciclos irán anunciando as ordes correspondentes para o día seguinte. Comezamos este venres, no que os nenos e nenas de infantil, lembraránnos que parte do disfrace teremos que traer o luns.

Así ata chegar ao gran día, o venres 8 de febreiro; no que realizaremos, a partires das 14:20, un pequeno desfile de comparsas no que cada clase mostrará "os seus modelos". Remataremos a xornada cun baile de disfraces co que despediremos ó Entroido ata o ano que ven.


Ademáis,e como xa é tradición no noso cole, faremos unha exposición de "Sobremesas do Entroido"; que dará paso á parte máis doce destas festas. A degustación dos postres.
Lembrade que a recollida das sobremesas a faremos o mércores 6 de febreiro, no salón de actos. É convinte que os recipientes leven o nome e o curso do seu dono ou dona, para facilitar a devolución dos memos. Se vos animades, podedes traer a receita pòr escrito, co modelo que levaron os nenos e nenas do colexio, e que servirá para a elaboración doutro tomo do noso libro de receitas.


Xa vedes que nos agarda unha semaniña moi movida. Así que xa sabedes, preparade ben o voso disfrace e... Ao abordaxe!!!!



Os Ollos do Minho Producións
        (EACE e EDLG)

O Entroido 2012

Xa está aquí unha das reportaxes máis esperadas do ano; unha das mellores festas da nosa cultura, na que divertirse, máis que un pracer, convírtese nunha obriga. Por suposto, estamos falando do Entroido.
Este ano, no Ceip Manuel Sieiro retornamos á versión máis tradicional desta festa; e recuperamos o meco, que durante toda a semana foi indicándonos que parte do disfrace tiñamos que levar cada día (o luns un sombreiro de palla; o martes unhas lentes oscuras; ...) Ademáis das partes do meco, ao longo da semana tamén tivemos a ocasión de probar as "Sobremesas do Entroido", unha saborosa exposición de postres típicos destas datas, que xa é toda unha tradición no noso centro. Este ano, ademáis tentamos recopilar o maior número de receitas, que amablemente nos achegaron as familias, parte fundamental deste tipo de celebracións. O resultado foi a elaboración dun libro recopilatorio de todos eses postres e que, por suposto, está a disposición de todo aquel que o desexe consultar na nosa biblioteca e no noso blog asociado "Os ollos do Minho Dinamizacións".


Pero, sen dúbida, o mellor  estaba aínda por chegar.


Comezamos o venres no recreo coa "1ª Exhibición de Buxaina" a cargo duns verdadeiros campións deste xogo tradicional, que cada vez gaña máis fans no noso centro.
A continuación chegou o momento de disfrazarse e ultimar os preparativos para comezar o "Gran Desfile de Entroido" que contou cun público de excepción, as nosas familias e amig@s; e que rematou cuha pequena actuación dos grupos da Aula i9,  que interpretaron, ademáis do himno deste ano "Os Espantallos, leré"; un poupurrí de temas propios do entroido como "La vida es Carnaval" de Celia Cruz; ou "Carnaval, Carnaval" de Georgie Dann.
Xa pola tarde tivemos a oportunidade de asistir a un "Obradoiro de Maquillaxe e Caracterización", organizado pola ANPA do centro. Desta forma todos aqueles que o desexaron, puideron lucir unha preciosa mascara de maquillaxe, ao máis puro estilo Hollywood. Outra vez máis (como xa pasara no Samaín); temos que agradecer á coordinadora deste tipo de obradoiros, Patricia Claro, a súa colaboración, que sempre é ben recibida; e a súa infinita paciencia, xa que este tipo de actividades levan moito traballo e tempo, para poder conseguir así os resultados que poderedes ver no vídeo que, lóxicamente, adicamoslle.



   A continuación poderedes disfrutar dunha escolma das opinións dos nos@s xornalistas da Aula i9. Nesta ocasión o interese foi tan grande que contamos con varias reportaxes sobre esta festa; polo que, lonxe de elexir entre unha ou outra, preferimos un pouco de todas:



Xa chegou a festa, das festas; chea de música, disfraces e moi bo humor. Por suposto, falamos do Entroido. O noso  mestre  pediunos  axuda  para preparar  as cousas  para o desfile  e nós, por suposto, o  dimos todo. Os de 5º e 6º  axudamos a montar o equipo de musica e a preparalo todo. Foi un traballo duro pero valeu a pena. Saimos todos  disfrazados de  espatallos moi diversos  uns con sombreiro   mexicano; con sombreiros  de  vaqueiros ; e otros tiñamos parecidos a os  dos  buscadores  de oro,…. Dimos unha  volta  ao redor do colexio e  logo entramos na pista de fútbol onde estaba todo preparado para as actuacións e o baile. 
Despois de comer degustamos as "Sobremesas do Entroido". Filloas, biscoitos, orellas; ummmm!!! Menudo festín!!!!  Xa pola tarde a nosa querida  profe de Teatro, Patricia Claro, amosou unha gran paciencia á hora de maquillar a todos os que éramos. De ahí sairon animais, monstruos e ata algún vampiro que outro. Realmente foi un día fantástico no colé, cheo de actividades e xogos, postres e mascaras; non o pasábamos tan ben desde facía tempo.


Escrito por Cristian Gesteira, Pablo Pereira, David Barroso, Suso Ferreira, Gonzalo Gil, Alex Álvarez, Sofía Failde e Elizabeth Fontán.





Ademáis, presentamos un tipo de vídeos diferentes. Trátase de dous pases de diapositivas, un tanto especiais, coas mellores fotos das sobremesas e do entroido en xeral. Estas fotos están á vosa disposición na nosa galería de Flickr, á que poderedes acceder dende os enlaces que vos deixamos a continuación. De todas formas sempre podedes achegaros ao Ceip Manuel Sieiro e pedirllas ao profe de Música, Carlos.







-Fotos Entroido:
http://www.flickr.com/photos/ollosdominho/sets/72157629577744031/
-Fotos Sobremesas:
http://www.flickr.com/photos/ollosdominho/sets/72157629212419652/

Disfrutade cos vídeos e fotos e que viva o Entroido !!!

























PEQUENO AVANCE DO ENTROIDO 2012


Como tódolos anos xa chega febreiro, un mes frío, curto e cunha das  festas populares máis famosas e divertidas. Como non, estamos a falar do noso querido entroido.


Nesta edición, no Ceip Manuel Sieiro decidimos seguir a súa versión máis tradicional e recuperar o meco como consigna para que tódolos nenos e nenas do cole se disfrazaran. Así o primeiro día o meco mandou que todos trouxéramos  sombreiro de palla; o segundo unhas lentes escuras, etc; así ata que o disfrace estaba totalmente finalizado o día da festa.

Pero é que ademáis tivemos as nosas famosas "Sobremesas do Entroido", unha exhibición de trompos, un desfile e baile; e ata un obradoiro de maquillaxe e caracterización a cargo da nosa querida colaboradora Patricia. 
Demasiadas cousas para unha soa reportaxe. Por iso, ahí vos vai un pequeno adianto, en forma de trailer, do que vos espera no post "Entroido 2012", que publicaremos nos próximos días. 





Disfrutade co vídeo e que VIVA O ENTROIDO!!!


Guía da canción do entroido

Polo entroido, ademáis de disfraces e sobremesas, hai algo que nunca falta no Ceip Manuel Sieiro: a música. Xa son varios anos que levamos entoando os "great hits" do entroido ao máis puro estilo "charangueiro". E, este curso, queremos dar un paso máis e preparar un tema mellor, non só para cantar e pasalo ben o día da festa; senon tamén para incluilo no noso 2º disco, que como sabedes, xa comezamos a grabar.
O tema elexido para a ocasión é o mundialmente coñecido "La vida es carnaval" da nosa querida "raíña da salsa" Celia Cruzmuller que amosou ó mundo que a música non ten idade.



E como non podía ser doutro modo, ahí vos deixamos a guía da canción, para que poidades repasar na casa e afianzar ben as partes e o ritmo.


Esta guía está elaborada integramente pola Aula i9 e nun tempo record (dous días), polo que pedimos perdón de antemán polos posibles erros de grabación que escoitedes; e polo son das supostas "trompetas", xa que son os únicos samples dos que dispoñemos. 


Ademáis, para saber onde meter as flautas, vale ben, jeje.


Disfrutade da guía, que poderedes escoitar pinchando no enlace do Dropbox; e... a estudiar !!!



La vida es Carnaval - guía mp3










AS SOBREMESAS DO ENTROIDO

Este ano tamén repetimos a actividade das "Sobremesas do Entroido", na que cada neno/a colabora achegando un postre típico destas datas. Filloas, biscoitos, tartas, etc, feitas polas nosas nais, pais, avoas,...; estiveron primeiro expostas no salón de actos antes de que pasaran a encher os bandullos de nenos, nenas, profes e todo aquel que se  achegou polo cole esa semana .

Feliz entroido e BON APPÉTIT














O DESFILE DO ENTROIDO DÁ PARA MOITO

 E é que vivimos unha xornada un pouco axetreada. Primeiro a inauguración da pista deportiva con foto no xornal incluida. A continuación o prato forte do día co desfile no que os nosos nenos e nenas puideron lucir os traxes confeccionados nas últimas semanas polas titoras; con paradas na residencia da terceira idade (hai que ver o que lles presta os nosos maiores), e na praza do concello; e volta para o cole que xa é  hora de xantar e agárdanos unha tarde de proxeccións e bailes. E é que polo entroido, non hai festa dabondo