samaín 2011

Xa está aquí o Samaín e no Ceip Manuel Sieiro festexámolo por tódolo alto: actividades e xogos, decoracións terroríficas, obradoiros de teatro e maquillase,… Pero, sen debida, o centro de tódalas atención foi, un ano máis, a nosa Expocabaza. Este ano coidáronse moito os detalles, dende as invitacións ata a decoración do centro. Os nosos participantes tiveron ata o mércores 26 para presentar as súas cabazas, que ata o venres 28, estuvieron expostas, a un público que  pudo comprobar como, ano a ano, os deseños son máis elaborados. E é que, unha vez máis, deixamos claro que Crecente é terra de artistas e cabaceiros. 




Disfrutade coas imaxes e o video e non deixedes de ver as entradas do Obradoiro de Teatro e Caracterización e O Magosto 2011




2 comentarios: