Aínda que o Magosto deste ano veu pasado por auga, non faltaron as ricas castañas asadas polos nenos e nenas de 6º, que recollimos en cestiños para podelas zampar máis a gusto; nin as coplas que os rapaces e rapazas dedicaron a este "froito do outono". Algunhas delas foron:
-Na finca de Alvariño
faise o magosto magostiño
os vellos e as vellas bailan pegadiños
despois de beber cinco botellas de viño.
-O lobo foi o magosto
o magosto, magostiño
saltou mal a fogata
e queimou todo o fuciño.
-Que ricas as castañas!!!!
que fantástico magosto!!!
tiñamos que celebralo
incluso no mes de Agosto.
-Como que a castaña
sae de ourizo
que no magosto
ademáis de castañas, pan e chourizo.
-Querida castaña
raíña de outono
cocida, crua ou asada
ven aquí que te como!!!
-A castaña, o mellor da mesa
ainda que sexa con mahionesa
ou con esencia de fresa,
tan certo como me chamo Vanesa.
No hay comentarios:
Publicar un comentario