TARDES DE CINE E RISAS

Moitos de vós, os máis maiorciños sobre todo, lembraredes esceas tan míticas e divertidas como a de  Chaplin, convertido nunha réplica adorable de Hitler (que xa é difícil), xogando cun mundo inflable como se fora un neno con zapatos novos; ou lembraredes a Groucho Marx e a súa "parte contratante de la primera parte será considerada como la parte contratante de la primera parte...". Son momentos inolvidables da historia do cine que encheron de risas moitas noites da nosa mocidade. Por desgraza, hoxe en día, a maior parte dos nenos e nenas non saben quen son os irmáns Marx; nunca viron os bailes accidentados de Charlot; e consideran que o cine en branco e negro e "prehistórico". Grasso erro, xa que, como compobaron os alumnos e alumnas de 5º e 6º a través deste "I Ciclo de Cine Clásico e Desenfadado", hai películas que nunca, nunca pasarán de moda.



                                          
 Discurso de Chaplin en "O gran dictador"






Chaplin xogando co mundo en "O gran dictador"





Groucho y Chico Marx nunha das esceas máis famosas da historia
Unha Noite na Ópera






Demasiada xente para un camarote tan pequeno
Unha Noite na Ópera






O oeste segundo os irmáns Marx





Sen esquecer eses momentos musicais...





Chaplin, máis Charlot que nunca
Tiempos Modernos




Chico, eso sí que é ter dedos de goma



Harpo Marx, aínda que non fale, ten moito que decir.



Chaplin, o barbeiro con máis ritmo
O gran dictador



Por suposto, son moitas esceas xeniais destos artistas que merece a pena lembar, aínda que todavía non viramos as pelis



Chaplin, de mozo ou de vello, sempre xenial.
A quimeira de Ouro

O espello máxico dos Marx
Sopa de Ganso


Chico e Harpo Marx volven tolo a un pbre vendedor 
Sopa de Ganso

E moitas, moitas outras que iremos colgando a medida que vaian xurdindo
Ata outra e..., que viva o cine!!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario