O 15 de Decembro recibimos unha visita moi especial. A compañía de teatro Limiar achegouse ata o centro para ofrecernos a representación da obra "Os catro da Xunqueira".
Catro amigos (Can, Gata, Galo e Vello) deciden formar un grupo de rock e ofrecer un concerto na Xunqueira, na mesma casa na que o vello ensaiaba cando era xove, e que agora está en perigo de ser derruida.
A obra, que durou algo máis dunha hora, resultou moi entretida e participativa, unindo música, monicreques, malabares e xogos circenses. Ademáis cabe destacar os valores que transmite basados na defensa e coidado, en xeral, do noso patrimonio cultural e social; e, en particular do medio rural, dos nosos pobos, aldeas, oficios e tradicións.
O resultado: moitas risas, algún que outro susto en Infantil, e unha gran admiración e agradecemento a este grupo de artistas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario