O DESFILE DO ENTROIDO DÁ PARA MOITO
E é que vivimos unha xornada un pouco axetreada. Primeiro a inauguración da pista deportiva con foto no xornal incluida. A continuación o prato forte do día co desfile no que os nosos nenos e nenas puideron lucir os traxes confeccionados nas últimas semanas polas titoras; con paradas na residencia da terceira idade (hai que ver o que lles presta os nosos maiores), e na praza do concello; e volta para o cole que xa é hora de xantar e agárdanos unha tarde de proxeccións e bailes. E é que polo entroido, non hai festa dabondo
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario