Deporte Escolar IV



O 14 de Marzo recibimos a outro cole máis, na "IV Xuntanza do Deporte Escolar", na que os rapaces e rapazas de 2º e 3º ciclo de ámbolos dous centros tiveron a oportunidades de practicar deportes tan coñecidos como fútbol, baloncesto e balonmán.
Comezaron os máis pequenos cunha serie de "pachangas"nas que fumos testemuñas dunha gran deportividade por ambas partes. 
A continuación tocoulles aos maiores, que se esforzaron moito para amosar que nesta comarca temos unha gran calidade. Non sería raro ver nun futuro a algún destes rapaces xogar na liga BBVA; ou na ACB; ou na liga ASOBAL. 
E se non, non pasa nada, pois o obxectivo principal deste tipo de xuntanzas é "aprender a disfrutar e vivir o deporte"




Ahí vos quedan os vídeos dos dous ciclos e un pase de diapositivas coas mellores imaxes do encontro.





No hay comentarios:

Publicar un comentario