Nesta ocasión tivemos a oportunidade de coñecer algún dos animais que viven no polo norte. Para isto, os nenos e nenas de terceiro e cuarto de primaria, achegáronse á nosa aula para contarnos un pouco máis sobre estes animaliños. Grazas a eles e a elas, puidemos saber non só o nome dos animais que viven alí, senón tamén outra información moi interesante como: de que se alimentan, se son vertebrados ou invertebrados, a textura da súa pel, a súa pegada e algunha outra curiosidade.
No hay comentarios:
Publicar un comentario