
O equipo da Aula i9
e de "Os Ollos do Minho Producións"
deséxanvos unhas
Festas moi felices
saúde,
MOITO AMOR!!!
Vémonos o ano que ven con máis reportaxes, titoriais, noticias, ...
Ata entón... a pasalo ben!!!

Mentres Andrea G, Andrea I, Nadia, Adrián e Gonzalo encargábanse dos instrumentos; Suso Ferreira grababa, camara en man, os mellores momentos.
Pero tranquilos, porque, aínda que este video remata unha serie, as "Clases online da Aulai9" seguen en marcha. En breve poderemos ver máis titoriais das pezas que traballemos, así como de teoría musicail, instrumentos, etc. Ah, e próximamente, Uxía Fariña nos ensinará como iniciarnos no seu instrumento: o tamboril. Estade atentos os trailers!!!
Neste caso, o profe Carlos explica como poder acompañar de forma sinxela a nosa Muiñeira cos instrumentos de placas, ademáis dalgunha lección que outra de armonía que se lle escapou!!!
Para elo contou coa colaboración de dous membros habituais da Aula i9: "Suso" Ferreira, como ténico de video e son; e Andrea González e a súa inseparable flauta.

Aquí está a primeira entrega do que esperamos sexa un ciclo de videos-titoriais online. Neles, os colaboradores da Aula i9 irán ensinando os distintos motivos musicais que forman parte das nosas cancións así como trucos e exercicios para poder prácticalos.
O obxectivo facilitar o repaso na casa, así como poñer en funcionamento unha canle educativa que xa levan empregando as mellores Escolas Musicais do mundo: aprendizaxe online.

Os nenos e nenas da Aula I9 participaron intensamente neste acto: axudaron a descargar e montar o escenario como se fosen autenticos pipas; fixeron de técnicos de son; e mesmo animáronse a tocar cos músicos a nosa canción do magosto, o “Vente con Nós”.