
Esta semana os rapaces e rapazas do 3º Ciclo de Primaria do Ceip Manuel Sieiro comezaron coas grabacións do que será o segundo disco da
Aula i9.


Sí, o segundo, pois o curso pasado xa levaramos a cabo esta actividade, aínda que con menos material. O resultado foi un cd de catro temas, ao que chamamos
"Botalle unha ollada", que permitiu ós nosos nenos e nenas vivir a experiencia real do que supón grabar un disco: estudiar os temas, aprender a tocar e cantar con claqueta, coñecer nocións básicas de acústica, así como os elementos e programas que se empregan nun estudio; etc. Nesa ocasión os nosos recursos eran un pouco limitados xa que o micro polo que recollimos o son era un Shure sm 58, que é un micro para cantar, non para grabar; e o secuenciador que empregamos e que os rapaces e rapazas aprenderon a usar foi o Garage Band, programa que, a pesar da súa calidade,comparable á do "Reason" ou á do "Nuendo", non deixa de ser bastante "amateur". Por suposto o disco tivo unha moi boa acollida na comunidade escolar (pais, nais e demáis familiares). Ademáis nesa ocasión contamos coa colaboración dunha artista recoñecida como é
Eva Carreras, concursante de OT3 e actual cantante do grupo folk Mel de Meiga. Todo un luxo!!
Este ano modernizámonos e sustituímos o Shure por un SE Electronics, micro omnidireccional propio de estudio, que nos permitirá grabar cunha maior calidade.


Ademáis estamos traballando cun dos programas máis empregados no mundo das grabacións profesionais, o mundialmente coñecido
PROTOOLS; así como unha tarxeta de son, a
MBox 2 mini, que permite unha conversión do son analóxico a dixital (de ondas sonoras a datos informáticos) moi aceptable.

Por suposto, esto non sería tan sinxelo sen a tecnoloxía de Apple; xa que para estos traballos de audio e video (os que acompañan as reportaxes) empregamos un
MacBook Pro. Ahí está realmente o truco. Sentimos se este comentario ofende a alguén. Non queremos facer publicidade, nin somos fanáticos seguidores de Steve Jobs; apoiamos o uso do software ceibe;..., pero esta é a nosa conclusión basada en experiencias con diversos sistemas operativos (Windows, Linnux). Onde estea o Snow Leopard de Apple....

Ademáis e como podedes comprobar nas guías de Whatever, que foron grabadas pola Aula i9, comezamos tamén a dominar o uso do MIDI e de Samples o que nos permite poder imitar e meter instrumentos moi diversos nas nosas grabacións (baterías, cordas, ventos,...), gracias a un controlador con forma de teclado e a unha serie de librerías de samples e loops. Parece última tecnoloxía, pero en realidade é un sistema que xa se leva empregando dende os 80.
Como vedes, este ano contamos cos recursos para que este segundo disco sexa, polo menos, tan bo como o primeiro. A nosa intención é grabar algún tema máis que os catro do primeiro cd. Haber que pasa!!!
Por suposto,
o máis importante é a experiencia e formación que reciben os nosos alumnos e alumnas, os cales teñen a oportunidade de aprender uns coñecementos sobre técnica do son e informática musical que non teñen prezo. Quizáis, nun futuro teñamos algún ou algunha enxeñeiro/a acústico ou técnico/a de son.
A nivel
didáctico-musical, este tipo de iniciativas son altamente motivantes e permiten aos rapaces e rapazas afianzar o sentido rítmico-melódico, adquirir coñecementos de armonía, forma e estructura musical, etc; e por enriba de todo, sentirse parte dun grupo no que cada membro ten a responsabilidade de facer o seu papel o mellor posible.

Deixámosvos os enlaces ao noso Dropbox de todos os temas que levamos grabados, tanto os que forman "Botalle unha ollada"; como as guías de este ano, para que poidades repasar. Estas pistas e links quedan á vosa disposición ademáis, na nosa nova páxina "As nosas cancións", que atoparedes na columna da esquerda, arriba de todo.
"Botalle unha ollada"
"Guías de grabación deste ano"
Ademáis, ahí vos queda este video con algúns dos mellores momentos da primeira sesión de grabación, con explicación incluída!!!
A disfrutar!!!!