O pasado
martes 13 de novembro, celebramos o magosto aquí no
CEIP Manuel Sieiro.
A festa comezou xa de
maña cando os alumnos do Aula I9 (6º de E.P) asamos as
castañas e fixemos os cucuruchos para enchelos cunha presa delas.
Despois de comer seguimos traballando duramente en quendas para asar
os “milleiros” de castañas que puideron degustar todos os nenos
e e nenas do cole. A festa estivo amenizada con musica tradicional
que meteu o baile no corpo aos asistentes.
Ó final, tocaba limpar para poder deixar todo como o atopamos, como ten que ser!!!!
Disfrutade coas fotos e ata o ano que ven!!
Suso Ferreira
Aula i9
No hay comentarios:
Publicar un comentario