Clube de Lectura da Aula i9

Por fin, e tras meses de duro traballo, podemos ofrecervos a última gran produción da Aula i9: un programa en formato televisivo sobre o noso clube de lectura.

Nas dúas partes que forman o proxecto, poderedes disfrutar de entrevistas, recomendacións, críticas, seccións, etc, relacionadas co fantástico mundo da lectura e Literatura.

Sen esquencer  enquisas sobre os gustos literarios dos nenos e nenas do Ceip Manuel Sieiro, realizadas por uns reporteiros moi especiais.


Ademáis, e para darlle máis realismo, incluimos un publireportaxe sobre o noso concello, Crecente, un lugar máxico no que perderse e disfrutar da natureza en estado puro.





Vamos, que só nos falta o logo da tvg...






Esperamos que o disfrutedes!!!!








Para ver ben os vídeos debedes seleccionar a máxima calidade no reproductor de youtube.

No hay comentarios:

Publicar un comentario