2º CAPÍTULO DE "MIRANDO AO CEO"

Aquí vos deixamos a segunda entrega da serie de documentais creados polo Aula i9, "Mirando ao Ceo".
Neste ocasión recorreremos, da man de Sofía Failde, a nosa galaxia, a Vía Lactea; ata chegar a un pequeno barrio ás aforas no que se atopa o noso Sistema Solar e, polo tanto, o noso planeta, A Terra.



NOVOS DOCUMENTAIS DO AULA i9

Aquí vos presentamos a última creación do Aula i9, uns documentais sobre o Universo e o Sistema Solar, creados polos alumnos e alumnas de 6º de Primaria; e que leva por título:


MIRANDO AO CEO - UN PASEO POLO SISTEMA SOLAR

Ditos documentais están organizados en capítulos que pouco a pouco iremos colgando neste blogue; e que pasarán a formar parte da nosa sección "UN CHISCO DE CIENCIA".

E de destacar que este tipo de traballos constan de varias fases, unhas máis rudimentarias (como a recollida e estructuración da información que logo formará os guións); e outras máis tecnolóxicas como a grabación de ditos guións ou a montaxe do vídeo. Os nenos e nenas do Aula i9 participaron activamente en todas as fases de elaboración, amosando un gran manexo de software multimedia como Protools, Imovie ou Movie Maker.


Ademáis prestáronse tamén a presentar os diferentes capítulos, como se de auténticos científicos se tratara. E é que estes rapaces e rapazas non teñen límite.

Neste primeiro vídeo, Gonzalo Gil achéganos ao nacemento do noso  Universo, así como de toda a enerxía e materia que o forman. 

Sabías que ao principio todas as galaxias, estrelas, planetas, lunas, asteroides, etc, estaban concentradas nun pequeno punto do tamaño dunha caixa de zapatos?



Descubre co Aula i9 este e outros moitos segredos sobre o Universo e o noso Sistema Solar.









Entroido 2013


Hai un par de semanas celebramos o Entroido no Ceip Manuel Sieiro; seguindo a tradicion do meco, que, consiste en levar cada día unha parte mais do desfraze ata levar   o conxunto  enteiro. Neste caso de piratas. 






O  venres, despois de xantar, reunímonos todas as clases no patio traseiro do centro e.... bailamos o limbo, fixemos unha conga, sacámonos fotos por grupos etc. Os pais e nais tamén estaban invitados. 




Por suposto non puideron faltar as típicas "Sobremesas do Entroido", para dar o toque doce a unha festa que xa é toda unha tradición.

Suso Ferreira (Aula i9)

















































PREPARAMOS O ENTROIDO 2013


Ola a todos e a todas.

Hoxe queriamos informarvos de que a vindeira semana (dende o luns 4 ata o venres 8) festexaremos no CEIP Manuel Sieiro a festa popular do Entroido, unha das preferidas da nosa terra.

Este ano continuamos coa tradición do meco, aínda que nesta ocasión,aproveitaremos para convertermos en temibles piratas.

As ordes do meco para esta edición son as seguintes:

-Se o luns, un bo pirata queres ser,unha pañoleta con caveira na cabeza has de ter.

-Para ter cara de piratas cando chegue o martes, non esquezades levar uns parches.

-O mércores,o capitán un tesouro atopou, e un aro na orella colgou

-Roupas has de buscar; camisa e chaleque para o xoves tes que apañar.

-Chega o venres, piratas ao abordaxe!!! É o día de bailar; uns pantalóns roídos has de levar.


Cada día, no comedor, os rapaces e rapazas dos diferentes ciclos irán anunciando as ordes correspondentes para o día seguinte. Comezamos este venres, no que os nenos e nenas de infantil, lembraránnos que parte do disfrace teremos que traer o luns.

Así ata chegar ao gran día, o venres 8 de febreiro; no que realizaremos, a partires das 14:20, un pequeno desfile de comparsas no que cada clase mostrará "os seus modelos". Remataremos a xornada cun baile de disfraces co que despediremos ó Entroido ata o ano que ven.


Ademáis,e como xa é tradición no noso cole, faremos unha exposición de "Sobremesas do Entroido"; que dará paso á parte máis doce destas festas. A degustación dos postres.
Lembrade que a recollida das sobremesas a faremos o mércores 6 de febreiro, no salón de actos. É convinte que os recipientes leven o nome e o curso do seu dono ou dona, para facilitar a devolución dos memos. Se vos animades, podedes traer a receita pòr escrito, co modelo que levaron os nenos e nenas do colexio, e que servirá para a elaboración doutro tomo do noso libro de receitas.


Xa vedes que nos agarda unha semaniña moi movida. Así que xa sabedes, preparade ben o voso disfrace e... Ao abordaxe!!!!



Os Ollos do Minho Producións
        (EACE e EDLG)