Este ano continuamos cunha iniciativa interesante, formativa e sobretodo deliciosa; pois os nosos alumnos e alumnas aprenderán, a través destes obradoiros, o valor da boa cociña.
Moitas grazas ás voluntarias (nais, cociñeiras, mestras) que facedes realidade este proxecto!!!!
Festival de Nadal 2013
Xa podedes disfrutar dos vídeos do Festival de Nadal do 2013!!!
Desculpade o retraso!!!!
Desculpade o retraso!!!!
Folk in Crecente - Aula i9 & Mel de Meiga
nesta ocasión os rapaces e rapazas da Aula i9 ofreceron un concerto cos temas que forman parte do noso último disco; e que podedes escoitar a través dos seguintes enlaces.
-Rompeu a Chiculatera
-A Rianxeira
-Brazos pra Seitura (colab. Nadia Fonseca)
-"Crecente Style"
Ademáis contamos cuns invitados de excepción: Nadia Fonseca e Kakus Campos, do grupo galego Mel de Meiga. Ambos músicos aproveitaron para presentar en acústico temas do seu último disco, que leva o nome de Crecente. Ademáis, despois do concerto, responderon ás preguntas dos nosos xornalistas nunha pequena entrevista que poderedes ver no 3º programa do noso informativo, "As Ondas do Miño".
Disfrutade coa música!!!
AS ONDAS DO MIÑO - 2º PROGRAMA - NOVEMBRO
Aquí vos queda a segunda entrega de "As Ondas do Miño", o programa-informativo audiovisual que realizamos no cole de Crecente.
Nesta ocasión os nenos e nenas do 2º e 3º ciclos de Primaria fan un repaso das novidades deste mes de Novembro, coa reportaxe do Magosto como actividade estrela.
Pero ademáis faremos un resumo do máis significativo do mes; presentaremos unha nova sección, "O Mundo en Cómic", adicada ao creador de Mortadelo e Filemón, Francisco Ibañez; e poderemos ver as actividades de outono dos nosos nenos e nenas de Infantil, na sección "Eses Pequenos Cativos"
Todo esto e moito máis en... "As Ondas do Miño"

Suscribirse a:
Entradas (Atom)