Cuarto capítulo do noso programa informativo "As Ondas do Miño". Nesta ocasión ofrecemos un especial co último proxecto da Aula i9, Mestres de Mestres, unha serie de documentais sobre a vida e obras de grandes xenios da Historia.
E na sección pequenos cativos, poderedes ver aos nosos meniños coas mans na masa.
Por outra banda, gustaríanos anunciar que este proxecto do Equipo de Dinamización da Lingua Galega, xa ten o seu propio blogue, no que colgaremos os capítulos e as diversas seccións; para que non vos perdades nada!!!
Podedes acceder dende este link:
http://ondasdominho.blogspot.com.es/
Disfrutade co especial "Mestre de Mestres"
En abril, libros mil
Durante o mes de abril puxemos en práctica unha serie de proxectos dirixidos a mellorar o nivel de lectura e comprensión do alumnado. Os encargados de levar a cabo esta tarefa foron, na maioría dos casos, os nosos alumn@s bibliotecari@s; que ao longo do mes, convertíronse en auténticos contacontos, poetas e guías de lectura para os máis pequenos. (Os tres Porquiños; o Día da Poesía; os Recantos de lectura.
Ademáis destacar, entre outras moitas cousas, o "Conto Viaxeiro sobre as aventuras de Saltón", realizado por todos os nenos e nenas do cole de Crecente.
Por certo, debemos lembrar que, por actuacións coma as que podemos contemplar nestes vídeos; así como pola gran labor que levan realizada ao longo de todo este curso; @s nos@s voluntari@s gañaron, de entre todos os centros de Galicia, un dos premios como Alumnos Bibliotecarios, o que lles permitirá vivir, ao longo dunha semana, a finais de maio, unha autentica experiencia colaborativa, xunto aos rapaces e rapazas dos outros centros gañadores; na vila de O Burgo, en A Coruña.
Deixámosvos a reportaxe-homenaxe que queremos facerlles dende a Aula i9 polo seu traballo e constancia; e porque son os mellores!!!!

Entroido 2014
Ahí vos quedan os vídeos-reportaxes sobre un dos mellores entroidos que celebramos no cole de Crecente.
Música, xogos, mascaras, moitos disfraces e un gran desfile para rematar a xornada.
E é que este ano todos (nais, pais, mestres, etc) traballamos moito para que esta festa fora inesquecible.
E abofé que así foi.
Moitas grazas a todas as familias que nos apoiades e axudades, proxecto tras proxecto. Sen a vosa colaboración, nada desto sería posible.

DÍA DA PAZ
Foron moitas as actividades que realizamos polo Día da Paz no cole de Crecente: contos, cancións, poemas, cine,...
Esperamos que estes vídeos resuman todo o que deu esa semana; e atentos á curtametraxe, "Falemos de Paz"
AS ONDAS DO MIÑO III - O NADAL
Dirixido maxistralmente polos rapaces e rapazas de 1º Ciclo de Primaria; este capítulo céntrase nas actividades e proxectos postos en práctica no cole de Crecente polo Nadal.
Non vos podedes perder a reportaxe da Aula i9 sobre a Semana Cultural; a entrevista ao grupo Mel de Meiga; ou a sección dos peques, na que nos falarán da biblioteca.
Esperamos que vos guste e sentimos o retraso!!!!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)