Festival Pola Gorra - Menage a Trois & Aula i9

Xa están aquí os vídeos da actuación dos nosos rapaces e rapazas da Aula i9 Band co grupo Menage a Trois.
Un tema,"Bei Mir Swing" cargado de enerxía que amoscan a arte que se respira no noso cole.

Disfrutade e non deixedes de seguir a esta gran banda, Menage a Trois!!!!






I FESTIVAL "POLA GORRA"

O próximo 9 de maio estades invitados todos e todas ao I Festival "Pola Gorra"; unha iniciativa do EDLG; destinada,  neste caso, a recaudar fondos para a excursión que os nosos nenos e nenas de 6º de Primaria realizarán a Madrid a final de curso.




As Ondas do Miño 8 - Mestra de Mestras

Xa tedes dispoñible o novo programa de As Ondas do Miño, adicado ao Día Internacional da Muller.
Un traballo realizado polos alumnos e alumnas de 6º de Primaria baixo a coordinación do Equipo de Dinamización da Lingua Galega.

Podedes acceder a través da "pestana" de As Ondas do Miño ou a través do seguinte enlace:

http://ondasdominho.blogspot.com.es/2015/04/ondas-do-mino-8-especial-dia.html 

INAUGURACIÓN SALÓN DE ACTOS

O pasado 18 de marzo de 2015 quedou oficialmente inaugurado o noso novo escenario, un proxecto  que levábamos moito tempo perseguindo e que hoxe é unha realidade gracias ao excelente traballo de toda a comunidade escolar, e sobretodo da ANPA, que adicou moitas horas e esforzo para que os nosos nenos e nenas disfruten dun salón de actos que realmente merecen.

Disfrutade cos vídeos do acto de inauguración, ao que asistiron, entre outros, o Excelentísimo Director Xeral de Centros, D. Jose Manuel Pinal, ao que agradecemos toda a axuda prestada así como a súa presencia nese día tan especial para o cole de Crecente.

















Ondas do Miño cap. 7 (2014-2015)

Aquí vos deixamos o último capítulo do noso proxecto de innovación educativa e galego , As Ondas do Miño, un programa audiovisual, en formato televisivo, presentado e realizado polos nenos e nenas do CEIP Plurilingüe Manuel Sieiro de Crecente (Pontevedra)

Disfrutade coas novas, reportaxes e demás seccións que enchen as catro partes en que tivemos que dividir o capítulo, debido á súa gran duración, pois son máis de 20 mínutos de programa.

Se queredes saber máis deste proxecto, podedes acceder ao blogue de As Ondas do Miño, a través da pestana correspondente.

Un saúdo e a pasalo ben!!!