CAMPEONATO ESCOLAR DE BÁDMINTON


O pasado xoves 10 de marzo celebrouse no polideportivo de Crecente o Campeonato Escolar de Bádminton, organizado polo Clube Bádminton Ponteareas e coa colaboración da ANPA do Ceip Plurilingüe Manuel Sieiro, do Concello de Crecente, do Servicio Provincial de Deportes e da Asociación Deportiva Escolar do Condado e A Paradanta.
Mil grazas a todos os nenos, nenas , nais e pais que asistiron. Esperamos que disfrutaran igual que os nosos rapaces.



O MUNDO EN CÓMIC ´16 - TINTÍN

Un pequeno adianto do programa As Ondas do Miño Tv. que estamos a grabar e realizar no cole de Crecente, neste 2º trimestre. 
Neste caso os nenos e nenas de 1º, 2º e 3º de Primaria fan un especial sobre unha das personaxes máis entrañables do noveno arte: o reporteiro Tintín. 


Entroido 2016

Ahí vos deixamos algúns dos mellores momentos que vivimos no Entroido 2016 no
 Ceip Plurilingüe Manuel Sieiro.
 A medida que vaiamos obtendo máis fotos, irémolas subindo.


THE SUN CAT / O GATO SOL

Atentos ao último proxecto do equipo de Biblioteca Escolar, en colaboración co de Dinamización Lingüistica e as Seccións Bilingües: un conto audiovisual, en inglés subtitulado en galego; que é un recurso moi bo para ir "facendo oído" coa lingua anglosaxona.
Narrado pola nosa auxiliar de conversa, Taylor B.; este conto, que traballamos cos rapaces e rapazas en formato kamishibai (pequeno teatro xaponés) con motivo do Día da Paz; fala da importancia da amizade e do valor que teñen neste mundo todas e cada unha das cousas e seres que convivimos nel, dende as máis pequenas, ata as xigantescas.   


FESTIVAL DE NADAL 2015

Disfrutade cos vídeos do Festival de Nadal 2015 do cole de Crecente. 
Teatro, música, bailes,..., e moito máis.