“BOTALLE UNHA OLLADA” AO DISCO DO COLE

E é que os alumnos de 5º e 6º de Primaria tiveron a oportunidade de grabar o primeiro disco producido no Manuel Sieiero de Crecente. Asi o departamento de Música conxuntamente co noso Equipo, prepararon a grabación de catro temas traballados ó longo do ano. Para elo empregouse o seguinte material ( aportado polo profe de Música): ordenador MacBookPro de Apple, unha interface M-BOX2 mini de DIGIDESIGN, un micro SHURE SM58 e os secuenciadores musicais GARAGE BAND e PROTOOLS 8.
As grabacions realizáronse na aula de Música entre marzo e xuño do presente curso. Cabe destacar a participacion de Eva Carreras, que grabou as voces en Nadal de Luintra; e de Iván Salgado que misturou e masterizou o proxecto, así como encargouse do enmaquetado dos cds (ambos membros do grupo folk Mel de Meiga).

Se queredes escoitar algúns dos temas, o podedes facer no noso myspace:









EXCURSIÓN A MADRID 2011

E e que este ano os rapaces e rapazas de 6º de Primaria, marchamos de excursión de fin de etapa a Madrid. Para elo, e durante todo o ano estivemos recaudando cartos de distintas formas: Primeiro inundamos o concello con rosquillas que nos distribuía a Confitería Ancla de Ponteareas. Así, relixiosamente, todos os venres deixábanos unha caixa no Resero en A Cañiza (aos que lle debemos todo o noso agradecemento)  Despois comezamos coa campaña das rifas de Navidade e coa venta de prantas, coordinada polos pais e nais, aos que lles damos as grazas por todo o que se moveron.

E a guinda final do pastel, foi un pequeno festival (Rock in Crecente) que organizou o director D. Amador, que nos axudou, con moitísima paciencia, a preparar unha obra de teatro de bastante nivel: "Os apuros dun zapateiro".  Seguiu a actuación da coral , que interpreto con maestría unha selección de temas de diversas culturas. Pechou o festival o grupo de Ourense "Los amigos de lo Ajeno", co que incluso puidemos participar. 



E xa, por fin, o día 23 de Maio "embarcamos" rumbo a Madrid, acompañados polo noso titor, o profe Jorge e Enrique, o conductor.Primeira parada turística, Segovia, a visitar o acueducto, o centro histórico e a catedral. Que bonita é Segovia!!!Volta ao bus, dirección ao hotel en Guadalajara. Chegamos á tardiña e ese día xa non saimos, polo que non tivemos máis remedio que facer festa nas habitacións, pero suave...O martes estivemos todo o día en Madrid. Comezamos visitando o Palacio e o Teatro Reais, así como as calles peatonais do centro da capital, ata a Praza Maior. De ahí a Sol, a visitar aos indignados. Eso sí é unha acampada. Continuamos pola Gran Vía ata a praza de Cibeles e o Congreso dos Diputados, foto obrigada cos leóns, e a comer. Despois un pouquiño de descanso no Retiro, pasando antes polo Xardín Botánico e o Museo do Prado, e volta a camiñar ata a Porta de Alcalá, Praza Colón e o barrio de Salamanca onde fixemos un descansiño nun Starbucks. Despois collimos o metro ata o Santigo Bernabeu onde nos recolleu Enrique para levarnos ao hotel. Esa noite durmimos como liróns.Ao día seguinte visitamos o Zoo da Casa de Campo. Impresionantes os osos panda, ainda que non foron os únicos protagonistas: koalas, osos, monos e ata serpes e insectos de todo tipo. Tamén puidemos ver un espectáculo de delfíns, e o Aquarium, onde teñen peixes de todo tipo; e ata un tiburón branco. Ese día chegamos pronto a Guadalajara, polo que aproveitamos para visitala. A verdade é que é unha cidade moi bonita, con moitos parques e algún que outro monumento, como o Infantado.O xoves foi sen dubida o día máis emocionante. E é que visitábamos o parque de atraccións. Pero antes paramos noutro pobo moi bonito, onde visitamos a casa do máis importante escritor da Literatura Universal, e a que nun principio fora a Universidade Complutense. Por suposto estamos a falar de Alcalá de Henares. E de ahí ao parque na Casa de Campo. Montañas Rusas, balancíns xigantes, caída libre, ...; todo un subidón de adrenalina, e algún que outro mareo. E xa o venres, recoller todo para voltar ás nosas casas. Antes paramos no Monasterio do Escorial. Alí púxose a diluviar e tivemos que refuxiarnos nunha cafetería da zona.  Cando amainó dirixímonos á estación de buses onde Enrique nos estaba agardando. E xa, por fin, emprendimos a viaxe de volta, con moita tristeza, pero con gañas de ver ás nosas familias e amigos, que nos agardaban cun sorriso nos beizos cando chegamos ao cole. A TODOS E TODAS QUE NOS AXUDASTEDES A FACER ESTA VIAXE REALIDADE: MOITAS GRAZAS



EVA CARRERAS AXUDANOS NUNHA OPERACION DE MOITO TRIUNFO

O mércores 3 de maio os rapaces e rapazas de 3º ciclo de Primaria recibiron unha visita moi especial. E é que a ex concursante de Operación Triunfo 3, Eva Carreras, achegouse ao noso cole para charlar cos nenos/as sobre as súas experiencias  no famoso programa da tv (experiencias que non sempre foron boas) Ademáis, e aproveitando que actualmente a cantante comparte grupo co profe de música (Mel de Meiga) e que están a grabar o seu último disco; animáronse a tocar dous dos temas que formarán parte do cd que levará por título Crecente. 
Promocións aparté, foi una maña moi divertida e musical, que rematou con Eva grabando as voces do Nadal de Luintra, para o disco que estamos a preparar no 3º ciclo e que levará por nome "Botalle unha Ollada!". E é que todavía quedan artistas humildes que prefiren pasar a maña en compaña de amigos  que de paparazzis e pseudoperiodistas. 





SEMANA DAS LETRAS GALEGAS

Este ano adicado o poeta suburbano Lois Pereiro, esta semana cultural así como as actividades realizadas, foron coordinadas polo responsable do Equipo de Dinamización da Língua Galega, coa axuda do Equipo de Actividades Complementarias e Extraescolares. Entre outras cousas, podemos destacar  os contacontos, a investigacion sobre o escritor homenaxeado, ou o impresionante graffitti que se pintou no muro do patio cuberto.





CONVIVENCIA EDUCACION INFANTIL

Un ano máis, e xa van cartro, asistimos cos nosos nenos e nenas de infantil á Convivencia anual que celebramos os coles de Padrenda, Cortegada, Crecente e As Neves, que este ano foron os anfitriones. Este ano ademáis uníronse os compañeiros e compañeiras do cole de Maside. Nesta edición os diversos talleres versaron sobre o tema do “Río Miño” e a “Pesca da Lamprea”. Dos oito talleres dispoñibles, este ano tocounos o de manualidades e a creación dun Notebook para a pizarra dixital, sobre o paso do miño polas diferentes vilas participantes.