FESTIVAL DE NADAL´16 - UN NADAL HERÓICO
Obra de teatro interpretada polos rapaces e rapazas da Aula de Teatro da ANPA de Crecente, baixo a direción de Patricia Claro.
Tod@s temos dereitos!!!
O pasado día 2 de decembro recibimos unha visita moi especial. Con motivo do Día da Discapacidade, as rapazas do centro EVD de Crecente achegáronse ata o cole para realizar conxuntamente un acto precioso cheo de mensaxes, cancións, esperanza e moitos globos.
Non vos perdades as mellores imaxes e lembrade que tod@s temos os mesmos dereitos, nin máis, nin menos.
DOCUMENTAIS AULA I9 - A EVOLUCIÓN DA HUMANIDADE
Ahí vos queda este proyecto de historia e comunicación audiovisual que realizamos no cole de Crecente; e no que fajemos un pequeño repaso á evolución do ser humano.
Este proxecto comezou no curso 2015-2016 como unha boa maneira de achegar ao noso alumnado á historia; ao tempo que nos permitiu empregar e dinamizar a nosa biblioteca escolar como un espazo de creación e elaboración de materiais didácticos audiovisuais; tarefa na que xa levamos embarcados uns cinco ou seis anos.
Ademais esta serie de documentais pasarán a formar parte do noso fondo audiovisual no que xa contamos con outras reportaxes como a serie adicada ao Universo e Sistema Solar; ou os documentais que temos sobre as diferentes clases de vertebrados e invertebrados; e que podedes ver na sección "Un chisco de ciencia".
O MAGOSTO 2016 - FESTA RACHADA!!!
Disfrutade das mellores imaxes do Magosto 2016 no cole de Crecente.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)