

Este ano, ademáis da Bibliofesta, tamén tivemos un pequeno festival ou gala, na que, ademáis de disfrutar de actuacións en directo, fixemos un breve repaso polos mellores momentos que vivimos neste primeiro trimestre; e polos mellores videos creados pola Aula i9.


Tódolos ciclos estiveron moi implicados nas distintas actividades: danzas, panxoliñas, etc. Aínda así temos que destacar o papel dos nenos e nenas do terceiro ciclo, que forman parte do equipo técnico da Aula i9, e que se encargaron de que todo estivera a punto para a Gala, dende "facer a imaxe e o son", ecualizando os micros e grabando as imaxes máis atrevidas; ata elaborar as presentacións, a través dos nosos e nosas guionistas.



Ademáis, tamén queremos felicitar aos nenos e nenas do Obradoiro de Teatro, actividade ofrecida pola ANPA no seu programa de actividades extraescolares; e sobretodo á súa coordinadora, Patri; que nos ofreceron unha serie de monólogos sobre o Nadal moi divertidos; así como unha orixinal performance coa que nos sorprenderon os máis cativos/as. Esperamos poder seguir colaborando en próximas ocasións e que este obradoiro chegue a ter un gran éxito entre os nosos alumnos e alumnas; calidade, está visto, que lles sobra.


FELICIDADES A TODOS!!!
Disfrutade co trailer e co video-reportaxe da Gala!!!