Aquí está a segunda entrega dos titoriáis da Aula i9 adicados á Muiñeira de Nadal.
Neste caso, o profe Carlos explica como poder acompañar de forma sinxela a nosa Muiñeira cos instrumentos de placas, ademáis dalgunha lección que outra de armonía que se lle escapou!!!
Para elo contou coa colaboración de dous membros habituais da Aula i9: "Suso" Ferreira, como ténico de video e son; e Andrea González e a súa inseparable flauta.
Esperamos que vos sirva de axuda para repasar na casa e adentrarvos neste maravilloso mundo que é o da MÚSICA!!!
Aquí está a primeira entrega do que esperamos sexa un ciclo de videos-titoriais online. Neles, os colaboradores da Aula i9 irán ensinando os distintos motivos musicais que forman parte das nosas cancións así como trucos e exercicios para poder prácticalos.
O obxectivo facilitar o repaso na casa, así como poñer en funcionamento unha canle educativa que xa levan empregando as mellores Escolas Musicais do mundo: aprendizaxe online.
Neste caso, Andrea González & Andrea Iglesias, de 6º de Primaria, mostrarannos as melodías para flauta da "Muiñeira de Nadal", tanto á súa velocidade normal como máis lenta, e por partes, para que a poidades aprender ou repasar máis cómodamente.
Estos videos quedarán fixos, na columna da dereita, dando forma a unha nova sección á que chamaremos "Titoriais online", para que os teñades dispoñibles sempre que xurda algunha dúbida.
Ademáis, xa está publicada no Myspace a guía desta Muiñeira, para que poidades escoitar o aire que leva, aprender as partes e repasala, para facelo o mellor posible o día da Gala do Nadal. Así que..., a estudiar!!!
O pasado 22 de novembro, día de Sta. Cecilia, celebramos por todo o alto a festa do Día da Música.
E é que achegaronse dous amigos moi especiais: o baterista Jeser Gil e o guitarrista José Rubio; que ofreceron unha autentica Master Class sobre rock.
Os nenos e nenas da Aula I9 participaron intensamente neste acto: axudaron a descargar e montar o escenario como se fosen autenticos pipas; fixeron de técnicos de son; e mesmo animáronse a tocar cos músicos a nosa canción do magosto, o “Vente con Nós”.
José Rubio amosou varias guitarras, regalou discos e pegatinas, e sorteou camisetas. Ao final tivemos unha pequena sesión de fotos que quedaran para o recordo.
Daba gusto ver aos pequenos bailar coas cabezas mentres José Rubio e Jeser Gil facían cantar aos seus instrumentos.
En fin todo un luxo!!!
Sofía Faílde & Adriñan Gómez (5º Primaria)
Aquí vos deixamos a reportaxe en video. Que a disfrutedes!!!
A festa comezou xa de mañá cunhas "Olimpiadas Rústicas" que incluían xogos populares como o pano, a culler, o comecastañas e o brilé.
Tamén estaba planeado facer unha fogueira o máis puro estilo tradicional. Tiñamos os permisos e as ilusións, pero... o tempo non acompañou. Haber se para o ano...
Continuamos a festa despois de xantar coas "Letras do Magosto", un pequeno homenaxe á nosa lingua, que xa comeza a ser unha tradición; e que este ano estivo adicado ás adiviñas, co título de "Adiviña, adiviña, que ten o ourizo na panciña". O resultado, ademáis do bo rato que pasamos, foi a creación dun libro onde se recollen todas as adiviñas sobre o outono que crearon os nosos rapaces e rapazas, e que quedará arquivado na biblioteca do centro a disposición de quen desexe achegarse a botarlle unha ollada.
Ademáis tamén tivemos música. O grupo da Aula I9 preparou unha versión sobre o Magosto, á que chamaron "Vente con Nós"; baseada no mítico tema "The Harder They Come", do músico reggae Jimmy Cliff. Esperamos poder grabar ben este tema para que forme parte do noso próximo disco. En canto a teñamos, a colgaremos no myspace, así que... paciencia.
E por fin chegou o momento máis esperado... o "Castaña Dance". Non podíamos despedirnos deste día sen que aparecera a verdadeira protagonista: a castaña. E non só unha, senon que moreas e moreas de castañas repartíronse entre os nosos nenos e nenas, mentres que a música do Xabarín Club anímaba a bailar.
Pero non vos creades que só fixemos esto. O que vos contamos é o punto final a unha semana rechea de traballos e preparativos. Facer o mural, preparar os bocetos para as adiviñas, montar a canción,... Por sorte contamos cun equipo moi eficaz e ben coordinado. Así por exemplo, na elaboración do mural colaboraron tódolos rapaces e rapazas do centro. Mentres que os máis pequenos prepararon, pintaron e recortaron as letras e os debuxos; os máis maiores encargáronse de "montar" o mural. Eso sí é un verdadeiro traballo en equipo!!!
Disfrutade coas dúas reportaxes sobre o Magosto. Hai tantas cousas que un só video non chegaba!!!
O Magosto 1ª Parte: A Mañá
O Magosto 2ª Parte: A Tarde
E proximamente... Non vos perdades a reportaxe do "Día da Música" con dous invitados de excepción: o famoso guitarrista José Rubio e o baterista Jeser Gil.
Aquí vos deixamos o trailer, para ir abrindo boca.
Xa está colgada no Myspace Aula I9 a primeira guía-titorial para que, os que desexen participar con nós, poidan estudiar na casa e facerse unha idea de cómo imos a levar o tema do Magosto "Vente con Nós". Só tedes que pinchar no enlace da Aula I9 e xa vos enviará o Myspace. Unha vez alí só tedes que buscar o tema no reproductor e..., a estudiar!!!
Tamén podedes ver videos de diversos artistas e bandas, que tódalas semanas iremos cambiando, no novo módulo "Algo de música para coñecer"