Este ano festexamos, unha vez máis, o Día da Paz.
Disfrutade co vídeo!!!!
PREPARAMOS O ENTROIDO 2013
Ola a todos e a todas.
Hoxe queriamos informarvos de que a
vindeira semana (dende o luns 4 ata o venres 8) festexaremos no CEIP
Manuel Sieiro a festa popular do Entroido, unha das preferidas da
nosa terra.
Este ano continuamos coa tradición do
meco, aínda que nesta ocasión,aproveitaremos para convertermos en
temibles piratas.

As ordes do meco para esta edición son as seguintes:
-Se
o luns, un bo pirata queres ser,unha pañoleta
con caveira na cabeza has de ter.
-Para
ter cara de piratas cando chegue o martes, non esquezades levar uns
parches.
-O
mércores,o capitán un tesouro atopou, e un aro
na orella colgou
-Roupas
has de buscar; camisa e
chaleque para o xoves
tes que apañar.
-Chega
o venres, piratas ao abordaxe!!! É o día de bailar; uns pantalóns
roídos has de levar.
Cada día, no comedor, os rapaces e rapazas dos diferentes ciclos irán anunciando as ordes correspondentes para o día seguinte. Comezamos este venres, no que os nenos e nenas de infantil, lembraránnos que parte do disfrace teremos que traer o luns.
Así
ata chegar ao gran día, o venres 8 de febreiro; no que realizaremos,
a partires das 14:20, un pequeno desfile de comparsas no que cada
clase mostrará "os
seus modelos". Remataremos
a xornada cun baile de disfraces co que despediremos ó Entroido ata
o ano que ven.
Ademáis,e como xa é tradición no noso cole, faremos unha exposición de "Sobremesas do Entroido"; que dará paso á parte máis doce destas festas. A degustación dos postres.
Os
Ollos do Minho Producións
(EACE e EDLG)PRESENTAMOS O NOSO "CLUBE DE LECTURA "
Este ano, aproveitando o gran talento co que contamos no Ceip Manuel Sieiro, puxemos en marcha unha iniciativa para traballar e mellorar a nosa forma de expresarnos:
O Clube de Lectura do Aula i9
Neste clube, no que poden participar todos os nenos e nenas do centro, traballaremos os contidos relacionados coa lectoescritura a través da elaboración de contos, poemas, relatos, etc; que posteriormente empregaremos para facer diferentes proxectos multimedia, como audiolibros, contos con imaxes, etc.
Pero ademáis temos pensado facer unha serie de programas de vídeo nos que trataremos temas relacionados co mundo da Literatura e o Cómic, ademáis de presentar os nosos traballos; ofrecer críticas e recomendacións de libros,...
O Clube de Lectura do Aula i9
Polo de pronto deixámosvos o noso primeiro traballo: unha serie de contos e aventuras sobre os personaxes de Cervantes, Don Quixote e Sancho Panza, creados e grabados polos rapaces e rapazas de 6º de Primaria.
LAS AVENTURAS Y DESVENTURAS DE DON QUIJOTE Y SANCHO
HISTORIAS INÉDITAS
MAGOSTO 2012
O pasado
martes 13 de novembro, celebramos o magosto aquí no
CEIP Manuel Sieiro.
A festa comezou xa de
maña cando os alumnos do Aula I9 (6º de E.P) asamos as
castañas e fixemos os cucuruchos para enchelos cunha presa delas.
Despois de comer seguimos traballando duramente en quendas para asar
os “milleiros” de castañas que puideron degustar todos os nenos
e e nenas do cole. A festa estivo amenizada con musica tradicional
que meteu o baile no corpo aos asistentes.
Ó final, tocaba limpar para poder deixar todo como o atopamos, como ten que ser!!!!
Disfrutade coas fotos e ata o ano que ven!!
Suso Ferreira
Aula i9
Samaín 2012
Xa está de volta unha das nosas festas máis queridas: o Samaín.
Este ano tivemos actividades do máis diversas, aínda que podemos destacar dúas:
-por outra banda, todos os rapaces e rapazas do centro redactaron, como auténticos escritores, unhas lendas sobre esta festa. Esta actividade foi coordinada polos nosos amigos de Os ollos do Minho Dinamizacións. Aquí vos queda o link no que poderedes ver as obras dos nosos pequenos narradores.
LENDAS DO SAMAIN 2012
-por un lado, a nosa tradicional Expocabaza, na que os nosos nenos e nenas amosaron unha gran creatividade. Este ano premiase á cabaza máis divertida; cal será????
Ademáis, o grupo de teatro do Ceip Manuel Sieiro, dirixido maxistralmente pola nosa querida colaboradora Patricia Claro, representou a obra "El caserón del terror"; na que os nosos pequenos actores e actrices metéronnos o medo no corpo... E é que máis de un e de unha merecían un Oscar. A verdade é que estes rapaces o fan cada vez mellor, polo que recomendamos esta actividade, como unha parte divertida e moi importante dentro da educación dos nosos nenos e nenas.
Esperamos que vos gusten todas as reportaxes que vos ofrecemos e que sigades regularmente o noso blogue. A disfrutar!!!!!!
Os ollos do Minho Producións
Suscribirse a:
Entradas (Atom)

