RADIOSIEIRO´18 - ESPECIAL DÍA DA MULLER

Primeiro programa da nova RadioSieiro adicado a tódalas mulleres nun día tan importante como o de hoxe, 8 de mazo, Día Internacional da Muller. Agardamos que xa, dunha vez por todas, a desigualdade entre home e mulleres non sexa máis que un mal soño.



A música que aparece no programa é a seguinte:
-O Pirimpimpín - Malvela
-Spining over you - Reyko
-Je Veux - Zaz
-Cherry Lee - Dover
-Tempestades de sal - Ses (María Xosé Silvar)
-Animal Instinct - The Cranberries (Dolores O'Riordan; Noel Hogan)
-Torn - Natalie Imbruglia




PRESENTAMOS A NOVA RADIOSIEIRO



Neste curso 2017-2018 o Ceip Plurilingüe Manuel Sieiro de Crecente foi seleccionado entre os 20 primeiros centros de Galicia (CEIP, CPI e IES) en por en práctica esta iniciativa da Xunta, a "Radio na Biblio". É toda unha honra e un premio ben merecido ao traballo que levamos feito no cole, en materia de comunicación audiovisual, nestes últimos anos. 


O recuncho do Polo Norte

Creo que xa estamos preparad@s para ensinarvos o noso novo recanto.
Este é o resultado final do traballo en equipo e da investigación que levamos a cabo .
Aquí vos ensinamos o noso recuncho do Polo Norte. Agardamos que vos guste tanto coma a nós.




Ata a próxima!

Con axuda, moito mellor

Nesta ocasión tivemos a oportunidade de coñecer algún dos animais que viven no polo norte. Para isto, os nenos e nenas de terceiro e cuarto de primaria, achegáronse á nosa aula para contarnos un pouco máis sobre estes animaliños. Grazas a eles e a elas, puidemos saber non só o nome dos animais que viven alí, senón tamén outra información moi interesante como: de que se alimentan, se son vertebrados ou invertebrados, a textura da súa pel, a súa pegada e algunha outra curiosidade. 
Velaquí vos deixamos unha pequena demostración.











Canto nos ensinaron estes rapaces e rapazas!