Comezamos coa RadioSieiro!!!

Unha das novidades que nos ofrece Os Ollos do Minho Producións este curso é a creación dunha  radio online, RadioSieiro; un proxecto que pretende mellorar as habilidades lingüisticas dos nosos rapaces e rapazas; e achegalos a un dos medios de comunicación máis importantes e respetados da historia.

Esta semana comezamos a grabación do primeiro programa na biblioteca escolar, que foi dirixido polos alumnos e alumnas de 6º de primaria.

 Aquí vos deixamos alguns dos mellores momentos que nos está a deixar esta experiencia.


WEB OFICIAL DO COLE DE CRECENTE

Presentámosvos a web oficial do Ceip Plurilingüe Manuel Sieiro. 

Nela podedes atopar diferentes temas e seccións sobre o noso centro, o seu funcionamento, as últimas novas, etc. 
Ademáis tamén iremos colgando as entradas dos diferentes blogues; así como as novas máis importantes do centro (circulares, avisos, documentación , fechas sinaladas, etc)

A construcción desta web ofrece moitas ventaxas; aínda que supón un gran esforzo mantela actualizada e que realmente sexa funcional, polo que vos pedimos un pouco de paciencia. 

Ademáis lembramos que todas aquelas novas importantes que teñan que ver coa organización do centro e das súas actividades, seguiranse entregando en papel e a cada rapaz. 

A web non pretende substituir esta canle de comunicación entre cole e familias, senon completalo. 
As circulares seguirán chegando a casa coma sempre.

Podedes acceder á web "pinchando" na imaxe.





BIBLIOSIEIRO 2015-2016

Este ano tentaremos dar un pequeno empurrón ao noso blogue da biblioteca escolar ao que chamamos BiblioSieiro. 
Nel publicaremos todas as novas, fotos, actividades, etc, que se vaian realizando ao longo do curso.
Comezamos cunha benvida e cun pase de fotos dos nosos alumnos e alumnas comezando os primeiros proxectos.
Podedes ver máis "pinchando" na pestana correspondente no menú




ou a través da seguinte ligazón.

O Rebusco 2015


A final de curso, é  tradición no centro publicar unha Revista Escolar conxunta, realizada por todos os alumnos e alumnas do centro; e coordinada polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega. Chamámoslle O Rebusco; aínda que tamén correspondería o nº3 do noso xornal, Crecente en Letra.
Este ano quixemos subirnos ao "carro" das novas tecnoloxías e da "nube"; e, ademáis dos correspondentes exemplares impresos, publicámola a través de Internet