RadioSieiro - 1º Programa

Presentamos a última creación de Os Ollos do Minho Producións, un programa de radio grabado e realizado polos rapaces e rapazas do cole de Crecente.



Neste primeiro capítulo, presentado maxistralmente polos nenos e nenas de 6º de Primaria, facemos un pequenos repaso a diferentes temas relacionados co medioambiente, a cultura, literatura e arte.





 Na primeira parte, os alumnos de 6º falaránnos da importancia que ten a auga no noso planeta; e como podemos conservala. Seguiremos co "Clube de Lectura da Aula i9" no que os rapaces e rapazas de 5º recomendarán unha serie  de libros e cómics entretidos para ocupar o noso tempo de lecer. 

Esta primeira parte rematará con música do noso repertorio.


Na segunda parte, os rapaces de 4º presentarán a sección "Unha poesía para cada día" na que os oiremos recitar fragmentos de dous dos grandes xenios da poesía: Rosalía de Castro e Federico García Lorca. Seguidamente os nenos e nenas de 3º ofrecerannos un misterio cultural, "A persoaxe segreda", no que tremos que adiviñar, gracias a unha serie de pistas, de que artista están a falar. Remataremos este primeiro programa con máis música, tamén do repertorio da Aula i9.

Aquí vos quedan os enlaces para poder escoitar cada parte. Prometemos voltar a subilos acompañados dun pase de diapositivas coas mellores imaxes que nos deixou a grabación.

Esperamos que vos gusten!!!!






Comezamos coa RadioSieiro!!!

Unha das novidades que nos ofrece Os Ollos do Minho Producións este curso é a creación dunha  radio online, RadioSieiro; un proxecto que pretende mellorar as habilidades lingüisticas dos nosos rapaces e rapazas; e achegalos a un dos medios de comunicación máis importantes e respetados da historia.

Esta semana comezamos a grabación do primeiro programa na biblioteca escolar, que foi dirixido polos alumnos e alumnas de 6º de primaria.

 Aquí vos deixamos alguns dos mellores momentos que nos está a deixar esta experiencia.


WEB OFICIAL DO COLE DE CRECENTE

Presentámosvos a web oficial do Ceip Plurilingüe Manuel Sieiro. 

Nela podedes atopar diferentes temas e seccións sobre o noso centro, o seu funcionamento, as últimas novas, etc. 
Ademáis tamén iremos colgando as entradas dos diferentes blogues; así como as novas máis importantes do centro (circulares, avisos, documentación , fechas sinaladas, etc)

A construcción desta web ofrece moitas ventaxas; aínda que supón un gran esforzo mantela actualizada e que realmente sexa funcional, polo que vos pedimos un pouco de paciencia. 

Ademáis lembramos que todas aquelas novas importantes que teñan que ver coa organización do centro e das súas actividades, seguiranse entregando en papel e a cada rapaz. 

A web non pretende substituir esta canle de comunicación entre cole e familias, senon completalo. 
As circulares seguirán chegando a casa coma sempre.

Podedes acceder á web "pinchando" na imaxe.





BIBLIOSIEIRO 2015-2016

Este ano tentaremos dar un pequeno empurrón ao noso blogue da biblioteca escolar ao que chamamos BiblioSieiro. 
Nel publicaremos todas as novas, fotos, actividades, etc, que se vaian realizando ao longo do curso.
Comezamos cunha benvida e cun pase de fotos dos nosos alumnos e alumnas comezando os primeiros proxectos.
Podedes ver máis "pinchando" na pestana correspondente no menú




ou a través da seguinte ligazón.