
O equipo da Aula i9
e de "Os Ollos do Minho Producións"
deséxanvos unhas
Festas moi felices
saúde,
MOITO AMOR!!!
Vémonos o ano que ven con máis reportaxes, titoriais, noticias, ...
Ata entón... a pasalo ben!!!

Mentres Andrea G, Andrea I, Nadia, Adrián e Gonzalo encargábanse dos instrumentos; Suso Ferreira grababa, camara en man, os mellores momentos.
Pero tranquilos, porque, aínda que este video remata unha serie, as "Clases online da Aulai9" seguen en marcha. En breve poderemos ver máis titoriais das pezas que traballemos, así como de teoría musicail, instrumentos, etc. Ah, e próximamente, Uxía Fariña nos ensinará como iniciarnos no seu instrumento: o tamboril. Estade atentos os trailers!!!
Neste caso, o profe Carlos explica como poder acompañar de forma sinxela a nosa Muiñeira cos instrumentos de placas, ademáis dalgunha lección que outra de armonía que se lle escapou!!!
Para elo contou coa colaboración de dous membros habituais da Aula i9: "Suso" Ferreira, como ténico de video e son; e Andrea González e a súa inseparable flauta.

Aquí está a primeira entrega do que esperamos sexa un ciclo de videos-titoriais online. Neles, os colaboradores da Aula i9 irán ensinando os distintos motivos musicais que forman parte das nosas cancións así como trucos e exercicios para poder prácticalos.
O obxectivo facilitar o repaso na casa, así como poñer en funcionamento unha canle educativa que xa levan empregando as mellores Escolas Musicais do mundo: aprendizaxe online.

Os nenos e nenas da Aula I9 participaron intensamente neste acto: axudaron a descargar e montar o escenario como se fosen autenticos pipas; fixeron de técnicos de son; e mesmo animáronse a tocar cos músicos a nosa canción do magosto, o “Vente con Nós”.

Ademáis tamén tivemos música. O grupo da Aula I9 preparou unha versión sobre o Magosto, á que chamaron "Vente con Nós"; baseada no mítico tema "The Harder They Come", do músico reggae Jimmy Cliff. Esperamos poder grabar ben este tema para que forme parte do noso próximo disco. En canto a teñamos, a colgaremos no myspace, así que... paciencia.
E por fin chegou o momento máis esperado... o "Castaña Dance". Non podíamos despedirnos deste día sen que aparecera a verdadeira protagonista: a castaña. E non só unha, senon que moreas e moreas de castañas repartíronse entre os nosos nenos e nenas, mentres que a música do Xabarín Club anímaba a bailar.
Xa está aquí o Samaín e no Ceip Manuel Sieiro festexámolo por tódolo alto: actividades e xogos, decoracións terroríficas, obradoiros de teatro e maquillase,… Pero, sen debida, o centro de tódalas atención foi, un ano máis, a nosa Expocabaza. Este ano coidáronse moito os detalles, dende as invitacións ata a decoración do centro. Os nosos participantes tiveron ata o mércores 26 para presentar as súas cabazas, que ata o venres 28, estuvieron expostas, a un público que pudo comprobar como, ano a ano, os deseños son máis elaborados. E é que, unha vez máis, deixamos claro que Crecente é terra de artistas e cabaceiros.