Este ano, no Ceip Manuel Sieiro retornamos á versión máis tradicional desta festa; e recuperamos o meco, que durante toda a semana foi indicándonos que parte do disfrace tiñamos que levar cada día (o luns un sombreiro de palla; o martes unhas lentes oscuras; ...) Ademáis das partes do meco, ao longo da semana tamén tivemos a ocasión de probar as "Sobremesas do Entroido", unha saborosa exposición de postres típicos destas datas, que xa é toda unha tradición no noso centro. Este ano, ademáis tentamos recopilar o maior número de receitas, que amablemente nos achegaron as familias, parte fundamental deste tipo de celebracións. O resultado foi a elaboración dun libro recopilatorio de todos eses postres e que, por suposto, está a disposición de todo aquel que o desexe consultar na nosa biblioteca e no noso blog asociado "Os ollos do Minho Dinamizacións".
Pero, sen dúbida, o mellor estaba aínda por chegar.
Comezamos o venres no recreo coa "1ª Exhibición de Buxaina" a cargo duns verdadeiros campións deste xogo tradicional, que cada vez gaña máis fans no noso centro.
A continuación poderedes disfrutar dunha escolma das opinións dos nos@s xornalistas da Aula i9. Nesta ocasión o interese foi tan grande que contamos con varias reportaxes sobre esta festa; polo que, lonxe de elexir entre unha ou outra, preferimos un pouco de todas:
Ademáis, presentamos un tipo de vídeos diferentes. Trátase de dous pases de diapositivas, un tanto especiais, coas mellores fotos das sobremesas e do entroido en xeral. Estas fotos están á vosa disposición na nosa galería de Flickr, á que poderedes acceder dende os enlaces que vos deixamos a continuación. De todas formas sempre podedes achegaros ao Ceip Manuel Sieiro e pedirllas ao profe de Música, Carlos.
-Fotos Entroido:
http://www.flickr.com/photos/ollosdominho/sets/72157629577744031/
-Fotos Sobremesas:
http://www.flickr.com/photos/ollosdominho/sets/72157629212419652/
Disfrutade cos vídeos e fotos e que viva o Entroido !!!