PREPARAMOS O ENTROIDO 2013


Ola a todos e a todas.

Hoxe queriamos informarvos de que a vindeira semana (dende o luns 4 ata o venres 8) festexaremos no CEIP Manuel Sieiro a festa popular do Entroido, unha das preferidas da nosa terra.

Este ano continuamos coa tradición do meco, aínda que nesta ocasión,aproveitaremos para convertermos en temibles piratas.

As ordes do meco para esta edición son as seguintes:

-Se o luns, un bo pirata queres ser,unha pañoleta con caveira na cabeza has de ter.

-Para ter cara de piratas cando chegue o martes, non esquezades levar uns parches.

-O mércores,o capitán un tesouro atopou, e un aro na orella colgou

-Roupas has de buscar; camisa e chaleque para o xoves tes que apañar.

-Chega o venres, piratas ao abordaxe!!! É o día de bailar; uns pantalóns roídos has de levar.


Cada día, no comedor, os rapaces e rapazas dos diferentes ciclos irán anunciando as ordes correspondentes para o día seguinte. Comezamos este venres, no que os nenos e nenas de infantil, lembraránnos que parte do disfrace teremos que traer o luns.

Así ata chegar ao gran día, o venres 8 de febreiro; no que realizaremos, a partires das 14:20, un pequeno desfile de comparsas no que cada clase mostrará "os seus modelos". Remataremos a xornada cun baile de disfraces co que despediremos ó Entroido ata o ano que ven.


Ademáis,e como xa é tradición no noso cole, faremos unha exposición de "Sobremesas do Entroido"; que dará paso á parte máis doce destas festas. A degustación dos postres.
Lembrade que a recollida das sobremesas a faremos o mércores 6 de febreiro, no salón de actos. É convinte que os recipientes leven o nome e o curso do seu dono ou dona, para facilitar a devolución dos memos. Se vos animades, podedes traer a receita pòr escrito, co modelo que levaron os nenos e nenas do colexio, e que servirá para a elaboración doutro tomo do noso libro de receitas.


Xa vedes que nos agarda unha semaniña moi movida. Así que xa sabedes, preparade ben o voso disfrace e... Ao abordaxe!!!!



Os Ollos do Minho Producións
        (EACE e EDLG)

PRESENTAMOS O NOSO "CLUBE DE LECTURA "

Este ano, aproveitando o gran talento co que contamos no Ceip Manuel Sieiro, puxemos en marcha unha iniciativa para traballar e mellorar a nosa forma de expresarnos:
 O Clube de Lectura do Aula i9

 Neste clube, no que poden participar todos os nenos e nenas do centro, traballaremos os contidos relacionados coa lectoescritura a través da elaboración de contos, poemas, relatos, etc; que posteriormente empregaremos para facer diferentes proxectos multimedia, como audiolibros, contos con imaxes, etc.

Pero ademáis temos pensado facer unha serie de programas de vídeo nos que trataremos temas relacionados co mundo da Literatura e o Cómic, ademáis de presentar os nosos traballos; ofrecer críticas e recomendacións de libros,...



Polo de pronto deixámosvos o noso primeiro traballo: unha serie de contos e aventuras sobre os personaxes de Cervantes, Don Quixote e Sancho Panza, creados e grabados polos rapaces e rapazas de 6º de Primaria. 



LAS AVENTURAS Y DESVENTURAS DE DON QUIJOTE Y SANCHO
HISTORIAS INÉDITAS














MAGOSTO 2012


O pasado martes 13 de novembro, celebramos o magosto aquí no CEIP Manuel Sieiro.
A festa comezou xa de maña cando os alumnos do Aula I9 (6º de E.P) asamos as castañas e fixemos os cucuruchos para enchelos cunha presa delas. 

 Despois de comer seguimos traballando duramente en quendas para asar os “milleiros” de castañas que puideron degustar todos os nenos e e nenas do cole. A festa estivo amenizada con musica tradicional que meteu o baile no corpo aos asistentes.

Ó final, tocaba limpar para poder deixar todo como o atopamos, como ten que ser!!!!

Disfrutade coas fotos e ata o ano que ven!!

Suso Ferreira
    Aula i9


Samaín 2012


 Xa está de volta unha das nosas festas máis queridas: o Samaín.
Este ano tivemos actividades do máis diversas, aínda que podemos destacar dúas:

-por outra banda, todos os rapaces e rapazas do centro redactaron, como auténticos escritores, unhas lendas sobre esta festa. Esta actividade foi coordinada polos nosos amigos de Os ollos do Minho Dinamizacións. Aquí vos queda o link no que poderedes ver as obras dos nosos pequenos narradores.

LENDAS DO SAMAIN 2012




-por un lado, a nosa tradicional Expocabaza, na que os nosos nenos e nenas amosaron unha gran creatividade. Este ano premiase á cabaza máis divertida; cal será????




Ademáis, o grupo de teatro do Ceip Manuel Sieiro, dirixido maxistralmente pola nosa querida colaboradora Patricia Claro,  representou a obra "El caserón del terror"; na que os nosos pequenos actores e actrices metéronnos o medo no corpo... E é que máis de un e de unha merecían un Oscar. A verdade é que estes rapaces o fan cada vez mellor, polo que recomendamos esta actividade, como unha parte divertida e moi importante dentro da educación dos nosos nenos e nenas.








Esperamos que vos gusten todas as reportaxes que vos ofrecemos e que sigades regularmente o noso blogue. A disfrutar!!!!!!


Os ollos do Minho Producións









     

XA ESTAMOS DE VOLTA!!!!

Hola a todos e a todas.

Despois dun longo verán Os Ollos do Minho Producións volve a funcionar  a tope. Os alumnos da Aula i9 e do Ceip Manuel Sieiro xa estan preparando novos proxectos e actividades interesantes que poder compartir con todos vós.
Ainda que sera complicado tentaremos superar o gran nivel alcanzado o ano pasado. E iso non vai a ser doado xa que, se lembrades,no blogue temos proxectos de moita calidade,coma os experimentos,os documentais, as clases online ,os discos, etc.
Neste curso 2012/2013, temos pensado poñer en marcha o noso propio programa de radio no que teremos,entre outras cousa, entrevistas, musica, artistas invitados,..., asi como un gran numero de seccions (ciencia, literatura, deportes, etc); nas que os rapacese rapazas da Aula i9  amosaran que apesar da sua xuventude teñen moito que decir.
Ademais tamen  seguiremos colgando as  diversas actividades e festivais que realicen no cole a longo do ano.
E polo de agora nada mais, so dicirvos q estamos moi entusiasmados e motivados con este proxecto  e volo imos a demostrar.

Sofia Faílde e Suso Ferreira.
Aula i9.