Crecente, a nosa terra.

Debido ao éxito e difusión que está tendo a nosa reportaxe audiovisual sobre as terras de Crecente, decidimos adornar un pouco máis o vídeo e presentalo por separado, para que poidades disfrutalo e presumir de concello.

Que Crecente ben o merece!!!!

Clube de Lectura da Aula i9

Por fin, e tras meses de duro traballo, podemos ofrecervos a última gran produción da Aula i9: un programa en formato televisivo sobre o noso clube de lectura.

Nas dúas partes que forman o proxecto, poderedes disfrutar de entrevistas, recomendacións, críticas, seccións, etc, relacionadas co fantástico mundo da lectura e Literatura.

Sen esquencer  enquisas sobre os gustos literarios dos nenos e nenas do Ceip Manuel Sieiro, realizadas por uns reporteiros moi especiais.


Ademáis, e para darlle máis realismo, incluimos un publireportaxe sobre o noso concello, Crecente, un lugar máxico no que perderse e disfrutar da natureza en estado puro.





Vamos, que só nos falta o logo da tvg...






Esperamos que o disfrutedes!!!!








Para ver ben os vídeos debedes seleccionar a máxima calidade no reproductor de youtube.

Mirando ao ceo co Aula i9

E como todo chega ao seu fin, aquí vos deixamos o derradeiro capítulo de "Mirando ao ceo co Aula i9"; a serie documental creada polos nenos e nenas do Ceip Manuel Sieiro, na que a través de seis capítulos, fixemos un percorrido pola nosa galaxia e o noso Sistema Solar.

Neste último episodio coñeceremos un pouco mellor os planetas Urano e Neptuno da man de Adrián Gómez e Leandro E. Torres.

Ademáis podedes disfrutar dun vídeo extra coas mellores tomas falsas do rodaxe.

Esperamos que aprendérades moito cos nosos documentais que estarán dispoñibles na nosa sección "Un chisco de Ciencia".




MIRÁNDO AO CEO - CAP V

Outra entrega dos nosos documentais "Mirando ao Ceo".

Neste caso Suso Ferreira e Eli Fontán fálannos de dous dos planetas máis famosos do Sistema Solar: os
xigantes gaseosos Xúpiter e Saturno.


DE ZAMBIA A CRECENTE

Este ano o departamento de Relixión está especialmente activo. Fai uns días cantabamos e bailabamos con Toño Casado; pero hoxe ocupámonos dun asunto moito máis serio

E é que recibimos a visita dun "misioneiro"; unha persoa que deixou todo o que tiña para viaxar a Africa e axudar aos máis necesitados.

E nunha das súas visitas á nosa terra fixo unha paradiña no Ceip Manuel Sieiro para contarnos como é a súa vida en Zambia; cales son os problemas aos que se enfrontan os habitantes da maioría dos paises de Africa, inxustas víctimas do noso sistema económico actual.

Non nos enganemos, nin miremos cara outro lado; todos en maior ou menor medida somos responsables da situación desta xente, que o único que fixo foi nacer uns miles de km máis ao sur que nós.